Crónica del sur de Lugo

Preto de 50 equipos das categorías base participaron na Copa Deputación de Baloncesto

O responsable da Área de Deportes da Deputación, Pablo Rivera, na clausura da Copa Deputación de Baloncesto, celebrada en Lugo a finais do mes pasado. GPDL
• O último domingo de maio, tivo lugar no Pazo Provincial dos Deportes de Lugo a Copa Deputación- Trofeo Fernando F. Allende, organizado polo ente provincial, o Concello de Lugo e o CB Ensino.
500 XOGADORES DAS CATEGORÍAS BASE, INCLUÍNDO POR VEZ PRIMEIRA AO BABYBASKET
No evento participaron preto de 50 equipos das categorías infantil, alevín e benxamín de toda a provincia, que reuniron a 500 xogadores e xogadoras desta disciplina deportiva. Esta cita foi a primera da tempada que congregou ao baloncesto lucense das categorías base, incluíndo como novidade nesta edición ao babybasket.
PROMOVER O BALONCESTO FEMININO E O DEPORTE BASE
A Copa Deputación-Trofeo Fernando F. Allende tivo como obxectivo promover o baloncesto feminino, a igualdade de xénero e o deporte base. A Deputación foi o principal patrocinador desta Copa, cunha achega de 12.000 euros, que serviu para asumir os gastos de desprazamento dos equipos, un picnic para os deportistas e un agasallo de camisetas conmemorativas pola súa participación.
HOMENAXE A UN DOS IMPULSORES DO BALONCESTO FEMININO NA PROVINCIA DE LUGO
Esta cita deportiva estivo adicada a homenaxear a figura de Fernando Fernández Allende, un dos pioneiros do baloncesto feminino na provincia e promotor desta disciplina entre a mocidade lucense. Fernández Allende alternou a súa actividade profesional como adestrador de baloncesto coa docencia na Facultade de Ciencias da Educación Física de A Coruña, ademais de ser un dos fundadores do CB Ensino de Lugo.•
Tags:

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Ir a Inicio