Crónica del sur de Lugo

Ata o 15 de xuño para inscribirse nos 3 novos cursos do LugoWork

•O programa provincial ofrece formación e emprego a lucenses no paro menores de 30 anos •Esta nova quenda dispón de 45 prazas

O presidente da Deputación e o deputado de Relacións Institucionais, en imaxe de arquivo da presentación do programa de emprego xuvenil participativo LugoWork. GPDL
• A Deputación de Lugo ten aberto ata o 15 de xuño o prazo para presentar as solicitudes aos novos cursos do LugoWork, o primeiro plan de emprego xuvenil participativo da provincia. Este plan está dotado con 2 millóns de euros que o organismo provincial captou da Unión Europea a través da Escola de Organización Industrial (EOI).
A FORMACIÓN RESPONDE ÁS DEMANDAS DO TECIDO PRODUTIVO LUCENSE
O programa atende á formación dos menores de 30 anos en paro, e axuda ás empresas con 4.200 euros para a súa contratación durante 6 meses. Este programa tivo unha fase inicial na que o Executivo provincial contactou cos sectores que integran o tecido produtivo lucense para detectar as súas necesidades, e sobre estas, deseñar as accións formativas que van recibir os mozos e mozas desempregados. Unha vez que completan esta fase formativa, os beneficiarios están en condicións de responder ás demandas do mercado laboral, e poden desenvolver os diversos postos de traballo nas empresas acollidas ao programa.
Os requisitos para poder optar a unha das 45 prazas que ofrecen os tres novos cursos do LugoWork é ser menor de 30 anos, atoparse en situación de desemprego, e estar inscrito no Programa de Garantía Xuvenil. As persoas que reúnan estas características e estean interesadas en participar no programa poden inscribirse ata o 15 de xuño a través das webs www.deputacionlugo.gal ou www.eoi.es.
Desta volta, o LugoWork ofrece un curso de auxiliar de ventas online e offline e atención ao público, con 15 prazas, e que inclúe contidos de habilidades sociais e de comunicación, ofimática e coñecementos sobre ventas.
O curso de mantemento de aeronaves ofrece 15 prazas, e a formación teórico-prática está a cargo de profesionais do Aeródromo de Rozas. A oferta do LugoWork complétase cun curso de emprendemento, de 15 prazas, destinado a persoas que queiran poñer en marcha o seu propio negocio. Para esta liña, o LugoWork ofrece formación gratuíta e unha achega de 3.000 euros a cada emprendedor. •
Tags:

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

Ir a Inicio