Crónica del sur de Lugo

O dereito de patentes será o tema central das XI Xornadas Xurídicas Román García Varela en Sarria

•Prestixiosos especialistas participarán neste foro xurídico o 16 e 17 de xuño

Imaxe de arquivo da xornada de apertura da pasada edición das Xornadas Xurídicas de Sarria. GPXG.
• Sarria acollerá este mes unha nova edición das Xornadas Xurídicas Román García Varela, nesta ocasión centradas no Dereito de patentes no século XXI. Este importante encontro reunirá na vila xacobea a prestixiosos especialistas durante os días 16 e 17 de xuño.
As XI Xornadas Xurídicas Román García Varela iniciaranse na mañá do venres 16 coa intervención de José Antonio Gómez, catedrático de Dereito Mercantil da USC, que disertará sobre as novas leis de patentes.
LEXISLACIÓN EUROPEA E ESPAÑOLA
Logo deste relatorio inaugural, celebrarase unha mesa redonda coa participación de diversos especialistas, moderada por Pascual Sala, ex presidente do Tribunal Constitucional, que ofrecerá unha visión sobre patentes europeas e españolas. Na mesa, intervirán como relatores Manuel Botana, catedrático de Dereito Mercantil da USC, que explicará os requisitos de patentabilidade, e Raquel Sampedro, xefa da Área Xurídica Patente Europea e PCT na Oficina Española de Patentes e Marcas, que analizará o procedemento de concesión de patentes.
A xornada matinal completarase cos relatorios de Anxo Tato, catedrático de Dereito Mercantil na UDV, acerca das patentes universitarias, e José Antonio Varela, presidente da Audiencia Provincial de Lugo, que disertará sobre medidas cautelares en materia de patentes.
A tarde do venres estará ocupada por unha mesa redonda, moderada por Juan Xiol, maxistrado do Tribunal Constitucional, que comentará as funcións dos organismos e tribunais en materia de patentes. A Organización Mundial da Propiedade Intelectual será o tema da exposición de Marco Alemán, director da División de Dereitos de Patentes desta Oficina en Xenebra. Sobre a Oficina Española de Patentes e Marcas falará a súa directora xeral, Patricia García-Escudero. Por último, os aspectos procesales das patentes ocuparán a intervención de José Luis Seoane, presidente da Audiencia Provincial de A Coruña.
GALICIA E AS PATENTES
A xornada do sábado 17 de xuño estará adicada ao ámbito xurídico das patentes en Galicia, tema que abrirá a mesa redonda da man de José Ramón Soriano, maxistrado da Sala segunda do Tribunal Supremo. A relación das patentes coa ciencia e coa empresa centrará as exposicións de Angel Carracedo, catedrático de Medicina Legal da USC, e de Tatiana López, presidenta de Nanogap S.A.
Finalmente, disertarán sobre a situación administrativa e empresarial das patentes en Galicia Antonio Rodríguez, xefe do SEGAPI, e Carlos Lema, catedrático de Dereito Mercantil  da UCM e avogado.
Na clausura das XI Xornadas Xurídicas está prevista a presenza de José Manuel Romay Becaría, presidente do Consejo de Estado, e do ministro de Xustiza, Rafael Catalá.•
Tags:

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Ir a Inicio