Presentan o cartel do Festival do Viño da Ribeira Sacra

O presidente do Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra, José Manuel Rodríguez, e o alcalde de Monforte, José Tomé, na presentación do cartel gañador do concurso para a imaxe do Festival do Viño. GPCM

• O Festival do Viño da Ribeira Sacra xa dispón de cartel promocional. O deseño escollido polo xurado de entre un total de 17 traballos presentados corresponde a Teresa Candal, da localidade coruñesa de Cambre.
Dende o Consello Regulador da Denominación de Orixe e o Concello de Monforte, organizadores do evento, anunciaron que van a iniciar este mes a promoción do Festival do Viño da Ribeira Sacra. O primeiro acto promocional será o 12 de xuño en Compostela, no Hostal dos Reis Católicos. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A Deputación investiu en Sarria 700.000 euros para mellorar os servizos

Seguinte Nova

Presentan as conclusións da fase de consulta para elaborar o Plan Estratéxico Provincial de Turismo

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: