Crónica del sur de Lugo

Sober presume de capitalidade logo das melloras realizadas na Praza do Concello

•O espazo da Praza e da rúa do Comercio, a Avenida de Belán e a estrada de Monforte queda  máis seguro e accesible •A Xunta investiu 245.000 euros neste proxecto

O delegado da Xunta, José Manuel Balseiro, e a secretaria xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, supervisaron o resultado das obras en Sober co alcalde, Luis Fernández Guitián, o 29 de maio. GPXG

• A capitalidade de Sober amosa un aspecto renovado, logo de completarse as obras de acondicionamento da Praza do Concello. Este espazo, con importante tránsito de vehículos e punto de encontro nas feiras do mes e nos grandes eventos festivos, vén de gañar en seguridade e accesibilidade, segundo explicaron os responsables da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio. O departamento da Xunta financiou este proxecto con 245.000 euros.
As obras tiñan como obxectivo reordenar o espazo urbano que integra a Praza do Concello, a rúa do Comercio, a avenida de Belán e a estrada de Monforte, dando accesibilidade aos peóns e reorganizando o tráfico para gañar espazos peonís. Ademais, a alameda quedou conectada coa praza, sen ter que cruzar vías de tráfico. Para isto, quedou suprimida unha parte da estrada de Canabal que cruza a praza ata a rotonda coa estrada de Monforte. Deste xeito, o espazo peonil quedou unido coa Casa Consistorial e a alameda, deixando o paso do tráfico no seu perímetro.
Segundo a Consellería, tratábase de humanizar o centro da vila, e de activalo comercialmente, xa que a zona da praza conta con varios baixos comerciais sen ocupar. Ademais, este arranxo contribúe a un mellor desenvolvemento dos eventos públicos.
O proxecto incluiu a mellora da rede de saneamento e de suministro, e das canalizacións de electricidade e telecomunicacións. Ademais, elimináronse barreiras arquitectónicas, e instaláronse novos sistemas de alumeado e mobiliario urbano.•

Tags:

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre GALERÍA

Ir a Inicio