Crónica del sur de Lugo

A Ribeira Sacra sube ao ceo

Éxito dos viaxes en globo aerostático que ten en marcha o Consorcio de Turismo

As viaxes en globo pola Ribeira Sacra están a desenvolverse nas dúas primeiras fins de semana do mes de xuño. (Foto cedida: CTRS)

• Baixo a premisa “A experiencia da túa vida”, o Consorcio de Turismo está a promocionar nas redes sociais as viaxes en globo pola Ribeira Sacra. Esta iniciativa arrancou o ano pasado con éxito, a través do concurso “Pasaporte ás nubes de Ribeira Sacra”. Xa que a climatoloxía impedira realizar a totalidade dos voos, a comezos deste mes desenvolvéronse as viaxes pendentes, con máis prazas para os turistas que queren subir ao ceo na Ribeira Sacra.

O primeiro voo tivo lugar o venres 2 de xuño, e houbo que suspender o do sábado polas condicións do vento. (Foto cedida: CTRS)

Na fin de semana do 2 ao 4 de xuño, realizáronse dúas viaxes en globo aerostático, tendo que suspender o voo do sábado polas condicións do vento. A saída inaugural arrancou dende o Campo da Lama, en Escairón, logo de que os técnicos desestimaran o punto de partida inicial en Belesar. Segundo explicaron dende o Consorcio, o voo resultou moi satisfatorio para os viaxeiros, que disfrutaron da sensación inigualable de calma e silencio ao sobrevoar as nubes na primeira hora da mañá. Nalgúns puntos, o globo pode elevarse ata os 1.000 metros. As paisaxes foron aínda máis espectaculares no voo do domingo 4 de xuño, que saiu dende Chantada cunha soleada perspectiva dos montes da contorna, para aterrar finalmente en terras ourensás.

A climatoloxía do domingo permitiu unha panorámica dos bosques de Chantada, para aterrar en Pazos de Monte, en Ourense. (Foto: CTRS)

Os voos continuarán os días 9, 10 e 11 de xuño, sempre que as condicións do tempo o permitan. Estas viaxes sirven tamén para ir determinando as mellores ubicacións de partida, e a mellor época do ano para voar.•

Os participantes no voo do domingo brindaron por esta experiencia, na que se xuntan a natureza e as emocións da viaxe. (Foto: CTRS)

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre GALERÍA

Ir a Inicio