As probas de selección do programa Ben Empregado 3 sumaron máis de 2.500 candidatos

•O programa de emprego da Deputación ofrece 193 novos postos de traballo durante un ano en 173 empresas e colectivos lucenses

Imaxe de arquivo dunha das probas selectivas do programa provincial Ben Empregado. GPDL
• Máis de 2.500 desempregados lucenses participaron nas probas selectivas para cubrir os 193 novos postos de traballo do programa Ben Empregado 3 Máis Social, que promove a Deputación de Lugo custeando os gastos laborais destes traballadores cunha partida de 2,4 millóns de euros. Os contratos laborais terán unha duración de un ano, e desenvolveranse en 173 empresas e colectivos da nosa provincia. Os resultados das probas poden consultarse na web da Deputación www.deputacionlugo.gal.
FINANCIACIÓN DO 50% DOS GASTOS LABORAIS
O programa Ben Empregado 3 Máis Social conta con tres liñas de actuación. A primeira, está destinada a cubrir postos de traballo en 116 empresas lucenses, ás que a Deputación financiará o 50% dos gastos laborais. Para esta liña, presentáronse máis de 1.790 candidatos.
FINANCIACIÓN DO 100% PARA FAVORECER A INTEGRACIÓN SOCIAL DOS TRABALLADORES
Para optar aos postos de traballo da segunda liña do Ben Empregado 3 Máis Social, presentáronse máis de 400 demandantes de emprego con capacidades diferentes ou en risco de exclusión social. Os seleccionados traballarán en 36 empresas da provincia, que terán subvencionados nun 100% os custos laborais pola Deputación, co fin de favorecer a integración social deste tipo de traballadores.
Por último, a Deputación tamén financiará o total dos gastos laborais dos novos traballadores que se incorporen, a través do Ben Empregado 3 Máis Social, nos 26 colectivos sen ánimo de lucro que integran a terceira liña do programa. As probas de selección para este grupo contaron con máis de 340 candidatos.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A Casa da Xuventude de Chantada celebrou o Día das Letras Galegas reivindicando o espazo cultural galego-portugués

Seguinte Nova

Máis dun milleiro de persoas son atendidas na provincia polo servizo de Teleasistencia da Deputación

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

A %d blogueros les gusta esto: