A Casa da Xuventude de Chantada celebrou o Día das Letras Galegas reivindicando o espazo cultural galego-portugués

O evento «Como auga de maio… Palabras de Aquén e Alén-Miño» tivo lugar o 16 de maio na Casa da Xuventude de Chantada. (Foto cedida).
• O martes 16 de maio, celebrouse na Casa da Xuventude de Chantada a festa das nosas letras, reivindicando o espazo cultural e lingüístico que comparten o galego e o portugués.
AS LETRAS PORTUGUESAS TAMÉN SON LETRAS GALEGAS
A organización destacou a necesidade de continuar defendendo este eido como continuidade lingüística, cultural e natural de Galicia. As letras portuguesas son tamén, segundo explicaron os organizadores do evento, letras galegas porque a lusofonía é o noso espazo lingüístico e cultural.
Baixo a denominación «Como auga de maio… Palabras de Aquén e Alén-Miño», os participantes disfrutaron dunha xornada de música e literatura. Varios poetas e escritores da contorna recitaron fragmentos en lingua galega e portuguesa. A canción e a interpretación musical encheron boa parte do acto, coa actuación, entre outros, do acordeonista monfortino Víctor López. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

David Bustamante, Celtas Cortos, Rosa Cedrón e Juan Perro actuarán nas Festas Patronais de Monforte

Seguinte Nova

As probas de selección do programa Ben Empregado 3 sumaron máis de 2.500 candidatos

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: