David Bustamante, Celtas Cortos, Rosa Cedrón e Juan Perro actuarán nas Festas Patronais de Monforte

•Na presentación dos concertos de agosto, o alcalde sinalou que «Monforte quere seguir sendo o referente da comarca», e «ser atractivos para os veciños dos demais concellos, incluidos Lugo e Ourense»

O alcalde de Monforte, José Tomé, e a concelleira de Cultura, Marina Doutón, presentaron as actuacións da Patronais o pasado 12 de maio. GPCM
• O Concello de Monforte xa ten pechado o calendario de actuacións para as Festas Patronais 2017, cun plantel de intérpretes que configuran un programa «que pretendemos sexa do agrado da xente que nos visita, e que anime aos monfortinos a saír da casa e disfrutar», explicou o rexedor local, José Tomé.
AS PATRONAIS COMO INVESTIMENTO PARA BENEFICIAR A UNHA CIDADE DE SERVIZOS
David Bustamante, Celtas Cortos, Juan Perro e Rosa Cedrón serán os grandes atractivos da programación das Patronais, e cos que dende o Concello buscan «seguir sendo o referente da comarca», precisou Tomé. O alcalde sinalou a importancia de «intentar ser atractivos para os veciños dos concellos limítrofes, para que veñan ás festas de Monforte, incluso dende as cidades de Lugo e Ourense». O rexedor local salientou que «un ano máis, enfocamos as festas como un investimento», tendo como principais beneficiarios ao comercio e á hostelería «polo aumento do número de visitantes a Monforte».
O Concello mantén a partida de gasto similar á de o ano pasado, cun importe de 165.500 euros.
ROSA CEDRÓN, O VENRES 11 DE AGOSTO
O xoves 10 de agosto iniciaranse os espectáculos das Festas Patronais 2017 de Monforte, co Mago Rafa como protagonista a partir das dez e media da noite na Praza de España. Os grandes espectáculos comezarán o venres 11, coa actuación da monfortina Rosa Cedrón ás dez e media, tamén na Praza de España.
DAVID BUSTAMANTE ACTUARÁ NA NOITE DO SÁBADO 12 DE AGOSTO
O sábado 12 de agosto contará cunha verbena a cargo da orquestra Los Player’s, seguida do concerto de David Bustamante, con entrada gratuíta, e que comezará á media noite. A festa do domingo día 13 estará amenizada polas orquestras La Fórmula e Suavecito, e o luns 14 ocuparán o escenario os grupos Canela e Gin Toni’s.
JUAN PERRO, O 15 DE AGOSTO
O día grande das Patronais ofrecerá a actuación do grupo Limón, e a xornada continuará co concerto de Juan Perro ás doce e media da noite, con entrada gratuíta.
O peche das Patronais virá da man da orquestra Saudade, que dará paso ao concerto gratuíto de Celtas Cortos, na noite do 16 de agosto, a partir das doce e media.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Música e riqueza etnográfica para celebrar a XVII Mostra do Aceite de Quiroga

Seguinte Nova

A Casa da Xuventude de Chantada celebrou o Día das Letras Galegas reivindicando o espazo cultural galego-portugués

Últimas noticias sobre EVENTOS

A %d blogueros les gusta esto: