Crónica del sur de Lugo

O conselleiro de Economía destacou en Pantón o papel decisivo dos emprendedores

O conselleiro de Economía, Francisco Conde, e o alcalde de Pantón, José Luis Álvarez, no encontro cos emprendedores de Lemos. GPXG

• O pasado 8 de maio, o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, achegouse a Pantón para clausurar unha xornada informativa destinada a emprendedores da comarca de Lemos. Conde salientou o seu papel decisivo no crecemento e fortalecemento da economía galega. Neste sentido, o conselleiro lembrou “os bos datos” da economía lucense, que vén de rexistrar un descenso do paro nun 10% respecto a abril do ano pasado, ou o incremento dun 23% na creación de empresas durante 2016, o que supón, segundo precisou Conde, sete puntos por riba da media galega.

Pantón acolleu unha xornada informativa para emprendedores a principios de maio. GPXG

O titular autonómico de Economía falou da boa acollida das iniciativas que a Xunta está a desenvolver para apoiar o emprendemento na nosa provincia. Conde precisou que o espazo coworking, posto en marcha pola Xunta de Galicia en colaboración coa Escola de Organización Industrial (EOI), contou coa participación de 17 proxectos, “dos que 8 xa son unha realidade”. A nivel galego, foron 119 as iniciativas presentadas á primeira edición deste programa, e delas, 64 xa funcionan como empresas.
Por último, o conselleiro destacou as medidas postas en marcha pola Xunta para apoiar aos novos empresarios. Así, a Lei de Emprendemento  eliminou as licenzas municipais previas, e o convenio coa FEGAMP trata de impulsar os investimentos empresariais.•

Tags:

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Ir a Inicio