O Neumáticos Sarria quedou a un punto de ser campión galego de baloncesto senior feminino

O Neumáticos Sarria perdeu por un punto a posibilidade de ascender á categoría nacional fronte ao Arxil de Pontevedra. (Foto: CB Sarria).

• O 30 de abril, o pavillón Novo Chanto de Sarria encheuse de amarelo para animar ás xogadoras do Neumáticos Sarria, que disputaban un partido decisivo fronte ao Arxil Mafari Café de Pontevedra. Os números do partido anterior, no que gañaron as pontevedresas na casa por 6 puntos, obrigaban ás sarrianas a lograr unha renta superior a eses 6 puntos para lograr o título galego e o ascenso á categoría nacional.

A afición sarriana encheu as gradas do Novo Chanto, animando ata o final ás xogadoras do Neumáticos Sarria. (Foto: CB Sarria).

A vantaxe no marcador foi positiva para as locais, dirixidas por Maísa López, que gañaron o primeiro cuarto por 17-15 e foron ao descanso cunha cómoda diferencia de 10 puntos (39-29). As sarrianas conseguiron manter o encontro cunha vantaxe de 12 puntos no terceiro cuarto, aínda que as pontevedresas apretaron na defensa no cuarto final, chegando a poñerse a un punto por debaixo a falta de seis minutos do final. A sorte no tiro non acompañou ás sarrianas no tramo final dun partido que rematou con vitoria local por 98-63, quedando a tan só un punto do ansiado obxectivo.•

As xogadoras do Neumáticos Sarria e a alcaldesa, Pilar López, na entrega dos trofeos. (Foto: CB Sarria).

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O Neka incrementa o seu medalleiro con 5 podios no Campionato galego de Cangas

Seguinte Nova

Demandan solucións para paliar os danos das xeadas nas viñas da Ribeira Sacra

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: