O Neka incrementa o seu medalleiro con 5 podios no Campionato galego de Cangas

Á esquerda, Carla Pardo, medalla de prata, e Laura Álvarez, medalla de ouro, no podio alevín feminino do Campionato Galego de técnica. (Foto cedida).
• Cinco deportistas do ximnasio Neka de Monforte conseguiron subir ao podio do Campionato Galego de Taekwondo de técnica, celebrado en Cangas o pasado 29 de abril.
21 MEMBROS DO NEKA NA PROBA GALEGA
A competición presentábase “complicada”, segundo adiantaba o adestrador monfortino, José Mª Vega, nunha proba á que concorriron 21 deportistas do Neka, logo de gañar o pase á proba autonómica no campionato provincial celebrado en Monforte a mediados de abril. Os clasificados do Neka para a proba de Cangas, na que participaron un total de 350 taekwondistas de toda Galicia, foron Allan David Bustamante, Yatlem Díaz, Aitor Teijeiro, Daniel Pérez, Gael Trujillo, Marco García, Daniel Areán, Carlos Fernández, José Roca, Aldara Carballude, Lucía Roca, Leyre Rodríguez, Helena López, Laura Alvarez, Carla Pardo, Karla Novo, Nerea Fernández, Sydney Rodríguez, Iria de la Fuente, Ana López Vázquez, Yasmín Rodríguez Escudero.
Á esquerda, Daniel Areán proclamouse subcampión galego na categoría alevín masculina. (Foto cedida).
Á esquerda, Aitor Teijeiro logrou a medalla de prata en benxamín masculino na proba autonómica. (Foto cedida).
LAURA ÁLVAREZ, CAMPIONA GALEGA ALEVÍN
No Campionato Galego de Técnica, os deportistas do ximnasio monfortino acadaron cinco podios. Laura Álvarez proclamouse campiona galega en alevín, e Carla Pardo foi subcampiona nesta categoría. Pola súa banda, Daniel Areán foi subcampión alevín masculino. En benxamín, Aitor Teijeiro logrou a medalla de prata, e na categoría prebenxamín, Allan David Bustamante conseguiu a medalla de bronce.•
Á dereita, Allan David Bustamante conseguiu o bronce na categoría prebenxamín. (Foto cedida).

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Cecilia Quiroga, do IES A Pinguela, bronce no Campionato Galego de Orientación

Seguinte Nova

O Neumáticos Sarria quedou a un punto de ser campión galego de baloncesto senior feminino

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: