Máis de 280 equipos de toda a provincia xogarán a Copa Deputación de Fútbol

• Por vez primeira nos 34 anos da competición, a Copa ten dedicatoria, neste caso ao exfutbolista Pedro Tapia, en recoñecemento ao seu traballo na mellora deste deporte

Presentación da trixésimo cuarta edición da Copa Deputación de Fútbol, organizada polo organismo provincial e a Federación Galega de Fútbol. GPDL

• O organismo provincial destina 100.000 euros a esta competición, cifra superior á partida do ano pasado, para cubrir custos de arbitraxes e desprazamentos, segundo pediron os clubes • Este ano, incorpóranse as categorías do fútbol base

• Durante os meses de maio e xuño, máis de 280 equipos lucenses disputarán a XXXIV Copa Deputación de Fútbol Memorial Pedro Tapia, organizada pola Deputación de Lugo e a Federación Galega de Fútbol.
Por primeira vez na súa historia, a competición vai adicada a unha figura deste deporte, o exfutbolista lucense Pedro Tapia, en recoñecemento ao seu traballo e labor na mellora desta disciplina. Segundo explicou o presidente do organismo provincial, Darío Campos Conde, a Deputación destina á Copa un total de 100.000 euros, o que supón un aumento de 15.000 euros respecto ás edicións anteriores. Campos Conde explicou que, con este incremento, o organismo provincial asume tamén os custos de arbitraxe e desprazamentos, dando resposta ás peticións dos clubes.
Outra das novidades da Copa Deputación de Fútbol é a incorporación de todas as categorías deportivas, co fin de promover e impulsar o fútbol base na nosa provincia. Así, na categoría prebenxamín competirán 27 equipos, 40 de benxamín e 39 de alevín. De infantil participarán 26 formacións, 19 de cadetes e 25 xuvenís. Ademais, competirán 31 equipos de fútbol veterano.
Os organizadores explicaron que o sistema da Copa será a partido único ata a final, para facela máis dinámica.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A XVII Mostra do Aceite de Quiroga celebrarase o 28 de maio no muíño de Bendilló

Seguinte Nova

As adegas centenarias de Vilachá volven á vida

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: