A gran festa da lectura no Día do Libro en Bóveda

•O Centro Sociocultural acolleu un contacontos, e unha exposición de libros infantís singulares da Biblioteca Municipal

Contacontos para celebrar o Día do Libro en Bóveda. EC

Bóveda celebrou o Día do Libro con varias actividades, destinadas fundamentalmente á promoción da lectura entre os máis cativos. Alumnado do CEIP Rosalía de Castro e usuarios da Residencia de Bóveda disfrutaron do contacontos “As historias do Kamishibai”, durante a xornada do venres 21 de abril.

 

Libros en acordeón, táctiles, con sonido, libros en miniatura ou con gravados artísticos sorprenderon na exposición de Bóveda. EC

EXPOSICIÓN DE LIBROS SINGULARES DOS FONDOS DA BIBLIOTECA

Os libros tamén transmiten emocións e despertan a curiosidade polo seu formato e deseño. A Biblioteca Municipal de Bóveda aproveitou o Día do Libro para expoñer as súas pezas máis singulares de literatura infantil. Despois do contacontos, os participantes nesta xornada cultural puideron achegarse a cada unha das historias e peculiaridades destes libros, ao tempo que reflexionaron entre todos sobre as vantaxes da lectura.

 

Exposición de frases célebres sobre o libro e a lectura. EC
As reflexións dos máis cativos sobre a lectura e os libros quedaron rexistradas nun gran mural no Centro Sociocultural de Bóveda. EC

MOSTRA DE FRASES CÉLEBRES PARA REFLEXIONAR SOBRE OS LIBROS E A LECTURA

Se os grandes escritores e escritoras reflexionaron sobre a lectura e a creación literaria, non está de máis coñecer que pensan os máis cativos sobre o feito de ler. Nun gran mural instalado no Centro Sociocultural de Bóveda, os escolares puideron escribir as súas reflexións sobre “Que é para ti un libro?” e “Por que che gusta ler?”, para deixar testemuña por escrito das súas inquedanzas.

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Melloras en estradas de Láncara por máis de 400.000 euros

Seguinte Nova

Máis dun millón de euros para mellorar a calidade da peregrinaxe no Camiño Francés

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: