Música e arte na dinamización cultural do Círculo Saviñao

•A exposición do pintor lucense Maximiliano López pode visitarse ata o 20 de maio

Actuación da Coral do Liceo de Ourense na igrexa de Escairón, organizada polo Círculo Saviñao. (Foto cedida).

A axenda do Círculo Saviñao ofreceu unha diversidade de opción culturais no mes de abril. O domingo día 9, a Coral do Liceo de Ourense interpretou o Concerto Sacro na igrexa parroquial de Escairón, baixo a dirección de Yolanda Grela Betoret e o acompañamento do pianista Ángel Losada Nine. A actuación estivo organizada polo Círculo Saviñao.

Socios, veciños e amigos asistiron ao concerto da murciana Amarela, no Círculo Saviñao. (Foto cedida).

Pola súa banda, a cantautora murciana Amarela elixiu Escairón para pechar a súa xira previa aos traballos de preparación do seu novo disco. Na súa volta ao Círculo, Amarela interpretou temas destacados do seu primeiro traballo, “El viaje de la luz”.

Os cadros de Maximiliano López poden verse no Círculo Saviñao ata o 20 de maio. (Foto cedida).

A creación artística ocupa un lugar destacado nas actividades do Círculo Saviñao. Ata o 20 de maio está aberta no Círculo Saviñao unha nova exposición do pintor lucense Maximiliano López. A mostra inclúe sobre todo traballos en grafito e bolígrafo, ademais de óleos.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Monforte conta cunha nova fonte pública

Seguinte Nova

Presentado en Monforte de Lemos o primeiro volume da Biblioteca da Mesopotamia

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: