Aberto ata o 18 de abril o prazo para participar no programa Buxiganga

•O programa da Deputación vai destinado a concellos e agrupacións culturais sen ánimo de lucro •Estas entidades beneficiaranse dunha subvención do 80% no prezo das actuacións

•Buxiganga busca promover o teatro afeccionado da provincia •Na pasada edición, participaron máis de 40 grupos de teatro afeccionado, e arredor de 400 actores

A deputada de Cultura, Deseño e Artesanía, Pilar García Porto, na rolda de prensa do pasado 5 de abril, na que deu a coñecer os prazos e requisitos para participar no Buxiganga. GPDL
A deputada de Cultura, Deseño e Artesanía, Pilar García Porto, na rolda de prensa do pasado 5 de abril, na que deu a coñecer os prazos e requisitos para participar no Buxiganga. GPDL

• Ata o 18 de abril, concellos e agrupacións culturais sen ánimo de lucro da nosa provincia poderán solicitar a celebración de actuacións teatrais dentro do programa Buxiganga, organizado pola Deputación de Lugo. Segundo lembrou a deputada de Cultura, Deseño e Artesanía, Pilar García Porto, o organismo provincial destina 40.000 euros a este programa para dinamizar a actividade cultural nos concellos lucenses, así como dar a coñecer e promover a labor dos grupos de teatro afeccionado da nosa provincia.
García Porto explicou que a Deputación “quere potenciar as artes escénicas na provincia de Lugo”, e facelo “dende a vertente do teatro afeccionado, debido á gran cantidade de escolas de teatro municipais coas que contamos, verdadeira base das artes escénicas profesionais de Lugo”.
A Deputación subvencionará o 80% do caché de cada actuación, e os concellos e agrupacións afrontarán o 20% restante. Para iso, poderán cobrar unha entrada simbólica, que non poderá superar o prezo de 3 euros.
As actuacións do programa Buxiganga desenvolveranse entre os meses de maio e outubro.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Continúan as obras de mellora do pavimento nas rúas de Monforte

Seguinte Nova

Impulso á produción de castaña de calidade no Courel

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: