Intenso programa para todos os públicos na XV Feira Medieval de Monforte o 15 e 16 de abril

•O novo Campamento Infantil Medieval ofrecerá xogos e actividades os dous días en horario de mañá e tarde

A Feira Medieval de Monforte cumple 15 anos aproveitando con éxito o casco histórico da cidade do Cabe para a recreación lúdica da época medieval. Arquivo EC.
A Feira Medieval de Monforte cumple 15 anos aproveitando con éxito o casco histórico da cidade do Cabe para a recreación lúdica da época medieval. Arquivo EC.
• Durante a fin de semana do 15 e o 16 de abril, Monforte invita a unha viaxe lúdica ao seu pasado histórico na XV Feira Medieval. Preto de 50 eventos pensados para todos os públicos, que inclúen música, artesanía, deporte, espectáculos e concursos, encherán o casco histórico da cidade do Cabe. Esta programación sirve para amenizar o paseo polo cento de postos de comercio, alimentación, restauración e artesanía que integran o Mercado medieval instalado polas rúas do casco vello.  Ademais, a Torre da Homenaxe acollerá a exposición «Monforte Medieval», que pode visitarse de 11 a 14 horas, e de 17 a 20,30.
MERCADO MEDIEVAL CUN CENTO DE POSTOS
Os postos do Mercado medieval estarán abertos dende as dez da mañá ata as nove da noite, e tamén ao longo da xornada poderase disfrutar dos paseos en burriña na caravana que sae da Praza de España. De once a dúas e de cinco a oito, desenvolveranse os diversos espectáculos de cetrería, na praza do Cárcere Vello e na rúa Pescaderías.
Ás 12 horas, terá lugar o saúdo oficial do alcalde de Monforte de Lemos, José Tomé Roca, na Praza de España, acto que rematará cunha salva de artillería realizada cunha réplica dunha bombarda do século XIV, e coa actuación do grupo de música medieval folk Wyrdamur.
MOSTRAS, ESGRIMA E OBRADOIROS, NO CAMPAMENTO MEDIEVAL NA PRAZA DE ESPAÑA
A Praza de España recuperará o Campamento Medieval dos Cabaleiros de Ulver, con exposicións de armas, cascos, panoplias militares, indumentaria civil e utensilios medievais. Ademais, os cabaleiros darán explicacións sobre armamento, e realizarán quendas de vixilancia pola Feira. No mesmo campamento, desenvolveranse obradoiros demostrativos e abertos á participación de veciños e visitantes, sobre cestería, confección de frechas, pulseiras e colares, ademais de cordelería, fabricación de cotas de malla, pintura de miniaturas, caligrafía gótica, forxa, medicina medieval e tear de tablillas. Ademais, o Campamento ofrece entrenamento militar, práticas de esgrima e muro de escudos, o sábado de sete a oito da tarde.
O resto de obradoiros do Campamento desenvolveranse de 11 a 13,30 horas, e 17 a 19 horas, o sábado e o domingo.
MÚSICA MEDIEVAL E ANIMACIÓN NA RÚA CON FIGURAS DE ÉPOCA
A contorna da Feira Medieval estará animada durante toda a fin de semana por música medieval e folk, ademais de espectáculos de rúa a cargo de figuras como o Feiticeiro Maior do Reino, o Cabaleiro Medieval, o Zancudo, Orloc e a Bruxa.
VI CONCURSO DE TRAXES MEDIEVAIS
A inscrición para participar deberase realizar o sábado de 11 a 13 horas, no punto de información situado na Praza de España. A concentración dos concursantes será ás 16,30 na mesma praza, onde o xurado valorará as caracterizacións presentadas a concurso. Ademais, terá lugar o acto de Nomeamento de Donas e Cabaleiros das Mesnadas do Cabe pola moi Leal e Nobre Orde dos Cabaleiros do Camiño, para continuar co desfile dos participantes no Concurso de Traxes Medievais polas rúas da cidade, acompañados de música e animación. Xa ás oito da tarde, entregaranse os premios do VI Concurso de Traxes, do III Concurso de Decoración de Balcóns, e do IV Concurso de Decoracións de Establecementos Comerciais e Hosteleiros.
Os paseos en burriña, un dos atractivos máis interesantes para os cativos, desenvólvense durante toda a xornada. Arquivo EC.
Os paseos en burriña, un dos atractivos máis interesantes para os cativos, desenvólvense durante toda a xornada. Arquivo EC.

CAMPAMENTO INFANTIL MEDIEVAL
A novidade máis destacada da XV Feira Medieval de Monforte é a posta en marcha do Campamento Infantil Medieval, que estará en funcionamento os dous días de 11 a 14 horas, e de 17 a 20 horas, dende a Porta da Alcazaba e pola rúa Falagueira. Os cativos poderán disfrutar dun torneo medieval, ademais de divertirse participando no xogo da ra, péndulo, xogo da ferradura, damas ou comebolas, e praticando o tiro con ballesta ou os zancos, entre outros.

TIRO CON ARCO PARA TODAS AS IDADES
Para todos os públicos, nesta edición da Feira Medieval sigue no programa a sesión de Tiro con Arco no adro da igrexa da Régoa, a cargo do club de tiro con arco Arco Lemos. O horario das práticas de tiro é de 11 a 14 horas, e de 16 a 19 horas, o sábado e o domingo.
III XUSTAS MEDIEVAIS NO CAMPO DE TERRA DOS ESCOLAPIOS
Un ano máis, a Feira Medieval de Monforte recupera o sabor desta época coas Xustas Medievais, unha das actividades máis espectaculares do programa festivo. A terceira edición destas Xustas terá lugar a partir das seis e media da tarde, o sábado e o domingo, no campo de terra do colexio dos Escolapios.
ESPECTÁCULO DE LUME O SÁBADO POLA NOITE
Para completar a xornada, veciños e visitantes poderán contemplar o Espectáculo de Lume, a cargo do grupo Troula, que resucitará aos personaxes máis escuros do imaxinario medieval na Praza de España, o sábado dende as nove e media.
SOLTA DE FAROLIÑOS DENDE SAN VICENTE
A noite do sábado acollerá tamén a subida, a partir das once menos cuarto, da comitiva medieval dende a Praza de España ata o Parador, a ritmo de tambores e fachos, amenizada por Wyrdemur. Unha vez acaden o cumio de San Vicente, terá lugar a solta de faroliños como testemuño da chegada.
MENÚS MEDIEVAIS PARA CEAR O SÁBADO NOS ESTABLECEMENTOS DE MONFORTE
A gastronomía medieval tamén estará presente nesta edición da Feira histórica. Diferentes establecementos de hostelería de Monforte ofrecerán á súa clientela varios menús de inspiración medieval, nas ceas a partir das dez e media da noite.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A Xunta inicia a tramitación do primeiro observatorio dos ríos galegos

Seguinte Nova

Continúan as obras de mellora do pavimento nas rúas de Monforte

Últimas noticias sobre EVENTOS

A %d blogueros les gusta esto: