Música bretona e poesía chantadina centraron a axenda cultural do Círculo Saviñao

Un momento da actuación que o músico bretón Régis Huiban ofreceu no Círculo Saviñao a comezos de abril. (Foto cedida).
Un momento da actuación que o músico bretón Régis Huiban ofreceu no Círculo Saviñao a comezos de abril. (Foto cedida).

• O mes de abril comezou forte no Círculo Saviñao de Escairón. A axenda cultural deste mes iniciouse coa actuación de Régis Huiban, prestixioso acordeonista bretón, que engaiolou aos asistentes con pezas dos seus últimos discos. Na súa ampla traxectoria musical, Huiban participou en numerosas formacións de jazz e música contemporánea, ademais de contar co seu propio cuarteto. O bretón reúne no seu repertorio unha gran experiencia en ritmos tradicionais, unha formación clásica e amplos coñecementos de harmonía moderna, o que o convirten nun dos músicos máis habituais e valorados dos escenarios da Bretaña francesa.

Lectura de fragmentos do libro “Ecos dos poetas de Chantada”, na que participaron escritores da vila do Asma. O evento estivo amenizado por As Searas e Tres por Dous. (Foto cedida).
Lectura de fragmentos do libro “Ecos dos poetas de Chantada”, na que participaron escritores da vila do Asma. O evento estivo amenizado por As Searas e Tres por Dous. (Foto cedida).

A seguinte cita no Círculo Saviñao tivo como protagonista á poesía chantadina. Un repaso pola creación poética na vila do Asma, do século XII ao XXI, é o tema do libro “Ecos dos poetas de Chantada”, do escritor Xosé Lois García. Varios poetas chantadinos, entre os que estaban Ana Mª Gamallo, Anxo Boán, Paco Ledo ou Ramón Rodríguez Porto, leron fragmentos da obra. O evento estivo amenizado pola música de As Searas de Chantada, e do grupo TresporDous de Sober.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O conselleiro de Sanidade presentou en Monforte ao novo xerente do Hospital

Seguinte Nova

Continúan as obras de mellora do pavimento nas rúas de Monforte

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: