Oito concellos do sur recibirán axudas da Xunta á compra de materiais para as bibliotecas

As axudas da Xunta irán destinadas á mellora dos fondos das Bibliotecas Públicas Municipais. Arquivo EC
As axudas da Xunta irán destinadas á mellora dos fondos das Bibliotecas Públicas Municipais. Arquivo EC
• Un total de oito concellos do sur de Lugo van recibir axudas da Consellería de Cultura para mellorar os fondos bibliográficos das Bibliotecas Públicas Municipais.
350.000 EUROS PARA 113 CONCELLOS
A resolución das subvencións, publicada a comezos de abril, suma 350.000 euros para repartir entre 113 concellos galegos, con axudas entre os 1.176,97 e os 7.356,02 euros por municipio.
REPARTO DAS AXUDAS NA ZONA SUR DE LUGO
Na zona sur, A Pobra do Brollón recibirá a contía mínima establecida, 1.176,97 euros, mentres que aos municipios de Sober, Taboada, Quiroga e O Saviñao correspondeulles unha partida de 2.206,81 euros a cada un. Pola súa banda, Cultura aprobou unha axuda de 2.942,41 euros para Chantada, mentres que Sarria e Monforte recibirán cada un 3.678,02 euros.
Segundo precisaron dende a Consellería, estes importes destinaranse á compra de libro para o público infantil, xuvenil e adulto; material sonoro en CD ou vinilo; videogravacións en DVD ou Blu-Ray; recursos electrónicos, partituras e material cartográfico. Os fondos adquiridos poderanse destinar á súa consulta en sala, ao préstamo a domicilio ou ao acceso en rede.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O Consorcio de Turismo estrea en Semana Santa rutas pola minería aurífera da Ribeira Sacra

Seguinte Nova

Entregados os diplomas dos obradoiros de emprego que a Xunta desenvolveu no sur de Lugo

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: