16 proxectos viron a luz na aceleradora de empresas de Monforte

•Remata a primeira edición do espazo coworking que desenvolve a Xunta en colaboración coa Escola de Organización Industrial

O alcalde de Monforte, José Tomé, e o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, no acto de clausura da primeira edición do espazo coworking de Monforte. GPCM
O alcalde de Monforte, José Tomé, e o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, no acto de clausura da primeira edición do espazo coworking de Monforte. GPCM
• A mediados de marzo, completábase en Monforte a primeira edición do espazo coworking da cidade do Cabe, na que a aceleradora de empresas que a Xunta de Galicia puxo en marcha o ano pasado en colaboración coa Escola de Organización Industrial (EOI), fixo posible que 16 emprendedores deran forma a 18 proxectos empresariais. Segundo lembrou o conselleiro de Economía, Francisco Conde, unha das prioridades do Goberno galego é fixar poboación no rural, e gabou o labor da aceleradora para apoiar o emprendemento innovador e a dinamización da economía rural.
A aceleradora de Monforte forma parte da rede de centros postos en marcha pola Xunta cun investimento de 12 millóns de euros.
PROXECTOS NO EIDO DIXITAL OU A ECOLOXÍA
Os proxectos completados no espazo coworking de Monforte incluíron plataformas dixitais no sector do turismo e a ecoloxía, a comercialización de produtos ecolóxicos cun sistema innovador, o fomento de produtos alimentarios elaborados na comarca, e o desenvolvemento de novos servizos turísticos personalizados e adaptados ao medio, entre outros.
IMPORTANCIA DE EMPRENDER NO RURAL
No acto de clausura, celebrado no Centro do Viño, o alcalde de Monforte, José Tomé, lembrou o apoio do Concello ao ceder as instalacións para ubicar o espazo coworking da aceleradora, e afirmou que “unha das inversións máis produtivas que pode haber dende as administracións é investir en talento”. Tomé destacou a importancia de implantar este tipo de aceleradoras “en zonas do interior onde o tecido industrial e empresarial é moito máis débil”.•

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A Xunta completará antes do verán un novo trámite para o enlace do Porto Seco coa N-120

Seguinte Nova

A Consellería cede fincas a 3 concellos lucenses para dotacións sociais

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

A %d blogueros les gusta esto: