O sur de Lugo celebrou o Día Internacional da Muller

• Diversas iniciativas para sensibilizar á sociedade na procura da igualdade de oportunidades para as mulleres

Imaxe da exposición que o Concello de Sarria instalou no Paseo do Malecón, dentro do proxecto “Vivas e Visibles”, co gallo do Día Internacional da Muller. EC
Imaxe da exposición que o Concello de Sarria instalou no Paseo do Malecón, dentro do proxecto “Vivas e Visibles”, co gallo do Día Internacional da Muller. EC
As empregadas municipais do Concello de Sober posaron diante da fachada da Casa Consistorial no Día Internacional da Muller. (Foto cedida).
As empregadas municipais do Concello de Sober posaron diante da fachada da Casa Consistorial no Día Internacional da Muller. (Foto cedida).
Os Concellos do sur de Lugo organizaron distintos actos de concienciación en torno ao Día Internacional da Muller. EC
Os Concellos do sur de Lugo organizaron distintos actos de concienciación en torno ao Día Internacional da Muller. EC
• Charlas, manifestos e exposicións ocuparon boa parte das programacións que os Concellos do sur de Lugo organizaron para celebrar o 8 de marzo, Día Internacional da Muller.
«VIVAS E VISIBLES» PARA SENSIBILIZAR SOBRE A IGUALDADE EN SARRIA
En Sarria, as Concellerías de Cultura e Igualdade puxeron en marcha o programa «Vivas e Visibles», co obxectivo de contribuír, dende o eido local, a «visibilizar a realidade das mulleres», ao tempo que se realiza unha importante tarefa de sensibilización social sobre a necesidade dunha igualdade «real e efectiva». Dentro desta iniciativa, tiveron cabida charlas nos centros de ensino secundario e actividades nos colexios, ademais da exposición «As conquistas do feminismo», instalada ata finais de mes no Paseo do Malecón, na que se reivindica a figura das mulleres máis representativas na loita histórica pola igualdade.
TEATRO E CHARLAS POLA IGUALDADE EN CHANTADA
Para celebrar o Día da Muller, a Casa da Xuventude acolleu o día 15 a actividade “Contos pola Igualdade”, organizada polo grupo Argalleiras Teatro en colaboración co CIM de Chantada. Ademais, o Concello organizou o día 8 un obradoiro-contacontos para escolares de primaria, e unha charla para os de secundaria. O programa completouse coa lectura dun manifesto pola igualdade.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A depuradora do Porto Seco de Monforte estará rematada en xuño

Seguinte Nova

Sober celebra o Mes de Amandi con actividades para todos os públicos

Últimas noticias sobre EVENTOS

A %d blogueros les gusta esto: