22M-eleccións municipais 2011: Pantón -Candidaturas, listas, valoración do mandato que finaliza, 3 obxectivos a cumprir en caso de acadar a alcaldía

PARTIDO POPULAR

José Luis Álvarez, candidato do PP á alcaldía de Pantón.

1.- Califique a situación municipal actual. “Eu penso que a situación é boa. O balance do Partido Popular é altamente positivo, tanto a nivel de Concello como de Xunta; fixéronse moitas cousas, e quedan moitas por facer, pero xa sabemos que o Concello ten os fondos que ten. Despois, faltan outras por facer, pero a culpa en gran medida é do Partido Socialista na Deputación, que anunciaron obras que estaban financiadas e a día de hoxe seguen sin facer. Sen embargo, teño que dicir que a nivel do BNG na Deputación estou moi agradecido, porque na área de turismo colaboraron moito con nós”. 2.- Indique tres obxectivos prioritarios se chegan á alcaldía. “O primeiro vai ser o polígono industrial, cando sexa unha realidade claro. Se nos facemos coa Deputación será pronto, e senon tamén porque contamos co compromiso da Xunta de Galicia. O segundo será a terceira fase das Bernardas, da entrada a Ferreira. E o terceiro obxectivo será potenciar en Ferreira o albergue nas Bernardas e tamén o museo relixioso, que servirá para fomentar o turismo. E hai que aproveitar que temos un balneario, un campo de golf, e un magnífico románico para potenciar o turismo en Pantón. A maiores, outro dos obxectivos será o de entrar con pleno dereito na Denominación de Orixe Ribeira Sacra”. 3.- Indique tres características da lista que encabeza. “É unha lista variada, de xente con experiencia. Non hai máis que ver a diferencia entre o primeiro, que son eu e teño 61 anos, e o segundo que ten 29 anos, ou o terceiro con 23 anos. É xente moi competente, con gañas de traballar e de loitar por Ferreira, porque están empadroados en Pantón e pagan os seus impostos aquí, non como outros casos tal e como é o número dous do PSOE que está empadroado noutro Concello, ou o número catro, que é un tránsfuga do PP”.

Lista: 1.-D. JOSÉ LUIS ÁLVAREZ BLANCO, 2.-D. CÉSAR RODRÍGUEZ PEDRIDO, 3.-D. TAMARA LÓPEZ RODRÍGUEZ, 4.-D. JOSÉ VÁZQUEZ PRESAS, 5.-D. MANUEL LÓPEZ RODRÍGUEZ, 6.-D. JUAN ASENSIO PEDRIDO RODRÍGUEZ, 7.-D. JOSÉ LÓPEZ MARTÍNEZ, 8.-D. ANTONIO SÁNCHEZ SOMOZA, 9.-D. ANA GONZÁLEZ PALACIO, 10.-JOSÉ MANUEL VILARIÑO RODRÍGUEZ, 11.-D. JOSÉ CESÁREO RODRÍGUEZ SALGUEIRO. SUPLENTES: 1.-D. DAVID DE LA FUENTE RODRÍGUEZ, 2.-D. JOSÉ RAMÓN LOSADA FERNÁNDEZ, 3.-D. JOSÉ MANUEL LEDO LÓPEZ.

PARTIDO SOCIALISTA

Manuel Dacosta, candidato do PSdG-PSOE á alcaldía de Pantón.

1.- Califique a situación municipal actual. “A situación actual é dunha falta absoluta de criterio, non hai unha liña a seguir por parte do goberno. Só se traballa o último mes e dunha forma bastante deslabazada. Os proxectos importantes, tales como o plan de urbanismo, seguen despois de catro anos sen sacarse adiante. Vamos, que non hai un criterio nin unhas directrices básicas, e así un concello non pode avanzar”. 2.- Indique tres obxectivos prioritarios se chegan á alcaldía. “Redactar un PXOM axeitado para Pantón, coa colaboración de todos os veciños, cunha total transparencia e difusión púlbica dende o primeiro momento. Acometer de inmediato un plan para reducir o consumo en electricidade, que actualmente está por encima dos 150.000 euros. Potenciar dous dos sectores que máis influenza teñen na economía de Pantón: o viño e o turismo; modernizando a Feira do Viño e as Xornadas do Románico, consolidando o Festival do Castro e colaborando coas empresas dos sectores. Consolidar o catálogo de postos de traballo do Concello. Implantar axudas á natalidade, con actuacións para conciliar a vida familiar e o traballo, potenciando a gardería e concedendo bonificacións en taxas municipais para familias con nenos. E por último destacar tamén a construcción dunha residencia de maiores, para o que xa temos o compromiso adquirido da Deputación de Lugo, unha obra cun orzamento de 1.400.000 euros”. 3.- Indique tres características da lista que encabeza. “Ilusión, experiencia, e un proxecto claro e definido”.

Lista: 1.-D. MANUEL DACOSTA RIVERA, 2.-D. JOSÉ ANTONIO SOENGAS VÁZQUEZ, 3.-D. LUIS GONZÁLEZ PÉREZ, 4.-D. Mª TERESA FERNÁNDEZ CONDE, 5.-D. JESÚS VICENTE LÓPEZ QUIROGA, 6.-D. RAMÓN GÓMEZ QUEIRUGA, 7.-D. DOLORES GONZÁLEZ MARTÍNEZ, 8.-D. Mª SANDRA GARCÍA NÚÑEZ, 9.-D. CAMILO VÁZQUEZ GOYANES, 10.-D. ROGELIO MAGDALENA RODRÍGUEZ, 11.-D. ROBERTO PRADO DÍAZ. SUPLENTES: 1.-D VERÓNICA MAZORRA RODRÍGUEZ, 2.-D. VICTORIA MAGDALENA LÓPEZ, 3.-D. FERNANDO ANTONIO ENRÍQUEZ GUEDELLA.

BLOQUE NACIONALISTA GALEGO

Xesús Álvarez Goianes, candidato do BNG á alcaldía de Pantón.

1.- Califique a situación municipal actual. “Para nós, o concello está marcado polo fracaso do alcalde en moitos ámbitos. Por exemplo, non sacou adiante o parque empresarial nin o PXOM. Pero tamén temos o problema do avellantamento da poboación. E outro dos puntos importantes son as parroquias, que foron as grandes perxudicadas polo abandono do alcalde en aspectos como o saneamento. Por poñer un exemplo, facer fincapé en que se reduciu a cantidade destinada aos camiños das viñas en un millón de euros por parte da Xunta, sen que o alcalde fixese nada por evitalo”. 2.- Indique tres obxectivos prioritarios se chegan á alcaldía. “O primeiro dos obxectivos sería o parque empresarial (e o PXOM), para que se puidese crear emprego, unha necesidade das máis importantes na sociedade actual. En segundo lugar, estaría a ética e a transparencia na xestión, e a igualdade de trato sen discriminación para todo o mundo. E por último, incrementar os servizos que se lle dan a todos os veciños, tendo moi en conta as parroquias, por exemplo con locais sociais, arranxando fontes, camiños, o saneamento, taboleiros de anuncios, etc”. 3.- Indique tres características da lista que encabeza. “Primeiro, somos a única candidatura paritaria e con representación real da sociedade na que vivimos. Segundo, conxúgase nesta candidatura a ilusión e as gañas de traballar e de facer cousas da xuventude coa veteranía e a experiencia dos máis maiores; a media de idade está nos 41 anos. E terceiro, é a única candidatura dos que se sinten galegos e de esquerdas”.

Lista: 1.-D. XESÚS ÁLVAREZ GOIANES, 2.-D. LUCÍA DE JESÚS VÁZQUEZ FERNÁNDEZ, 3.-D. JOSÉ MANUEL LÓPEZ PÉREZ, 4.-D. ROSA ANA PRIETO FLORINES, 5.-D. JOSÉ ENRIQUE CASTAÑO AIRA, 6.-D. MARÍA ELENA SÁNCHEZ MÉNDEZ, 7.-D. CARLOS IGLESIAS VILARIÑO, 8.-D.SONIA BLANCO VIEITEZ, 9.-D. JOSÉ JUAN NOVOA LÓPEZ, 10.-D. LAURA DE LA FUENTE IZQUIERDO, 11.-D. ARTUR RODRÍGUEZ GONZÁLEZ. SUPLENTES: 1.- ROI LÓPEZ CARMONA, 2.-D. JOSÉ ANTONIO TEIJEIRO ÁLVAREZ.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

22M-eleccións municipais 2011: Quiroga -Candidaturas, listas, valoración do mandato que finaliza, 3 obxectivos a cumprir en caso de acadar a alcaldía

Seguinte Nova

22M-eleccións municipais 2011: Sober -Candidaturas, listas, valoración do mandato que finaliza, 3 obxectivos a cumprir en caso de acadar a alcaldía

Últimas noticias sobre POLÍTICA LOCAL

A %d blogueros les gusta esto: