35 anos da Feira do Viño de Chantada a través dos deseños promocionais

•Durante o mes de marzo, a Casa da Cultura reúne unha mostra dos carteis anunciadores da Feira dende a primeira edición

Gran parte dos 35 carteis que integran a exposición da Casa da Cultura foron cedidos polo doutor Jorge Fernández. EC
Gran parte dos 35 carteis que integran a exposición da Casa da Cultura foron cedidos polo doutor Jorge Fernández. EC

• O viño forma parte da natureza e do carácter das terras e das xentes de Chantada, e tamén da historia gráfica do seu emblema máis significativo, a Feira do Viño. Este evento enolóxico cumpliu este mes 35 anos, un bo momento para botar unha ollada á evolución da imaxinería gráfica coa que se promocionou esta Feira ao longo do tempo.
Ata finais de marzo, a Casa da Cultura de Chantada acolle unha exposición cos 35 carteis da Feira do Viño, boa parte deles cedidos polo doutor Jorge Fernández.
O carácter cartográfico dos tres primeiros deseños diversifícase a partir da cuarta edición, cando se inicia unha tendencia máis figurativa, con predominio da diversa utilería doméstica asociada ao viño. Esta liña alternarase co recurso paisaxístico, aproveitando a beleza da ribeira, e coa homenaxe ao traballo das xentes, protagonistas da viticultura heroica.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Unha mirada ao Entroido Ribeirao no Centro Sociocultural de Bóveda

Seguinte Nova

O primeiro viño galego vegano é de Chantada

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: