O 30 de abril celebrarase a VIII Carreira Popular de Chantada

Imaxe de arquivo dunha edición anterior da Carreira Popular de Chantada. Arquivo EC
Imaxe de arquivo dunha edición anterior da Carreira Popular de Chantada. Arquivo EC
• A VIII Carreira Popular de Chantada xa ten data. A proba de 10 quilómetros en torno ao «corazón de Galicia» celebrarase o domingo 30 de abril. A saída da proba absoluta e adaptada terá lugar ás 10 da mañá, e as categorías menores iniciarán os seus correspondentes percorridos a partir das 12 horas. Esta edición, que ten un carácter solidario e está organizada polo Concello de Chantada e o Club Atletismo Chantada, conta coa colaboración de preto dunha decena de colectivos e establecementos. As inscricións deberán realizarse a través da web www.championchipnorte.com.
A proba de Chantada completa a primeira ronda de carreiras populares no sur de Lugo. O calendario do running ábrese o Venres Santo, 14 de abril, coa XIII Carreira Popular Feira do Viño de Quiroga, e continúa o domingo 23 de abril, na IX Carreira Popular Concello de Monforte.
Para os que buscan retos máis intensos, Chantada ofrece a oportunidade de disfrutar co Desafío Via Romana. A segunda edición desta carreira, que reúne as características do trail e o running, celebrarase o domingo 26 de  marzo. Ata o 23 de marzo está aínda aberto o prazo para inscribirse, na web www.championchipnorte.com, na modalidade clásica masculina e feminina, cun percorrido de 1.000 metros dende as 10 horas, e na nocturna, que sae ás  7,00 horas cun trazado de 2 quilómetros.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Ata o 31 de marzo para presentar candidaturas aos premios do Deporte de Monforte

Seguinte Nova

Os Concellos deberán sancionar os incumplimentos de horario na hostalería

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: