A XXXV Feira do Viño de Chantada abre o calendario de festas enolóxicas

•A vila do Asma acollerá esta cita os días 10, 11 e 12 de marzo

A XXXV Feira do Viño de Chantada celebrarase os días 10, 11 e 12 de marzo. Arquivo EC
A XXXV Feira do Viño de Chantada celebrarase os días 10, 11 e 12 de marzo. Arquivo EC
• Xa está todo listo para iniciar en Chantada o calendario de festas en torno ao viño no sur de Lugo. Do 10 ao 12 de marzo, terá lugar na vila do Asma a XXV Feira do Viño de Chantada, que ofrece un amplo programa de música tradicional, orquestras e actividades para os máis cativos.
OBRADOIROS E OCIOTECA INFANTIL TODA A FIN DE SEMANA
O sábado e o domingo, en horario de 12 a 14 horas e de 16 a 20 horas, desenvolveranse na Casa da Música obradoiros e ociotecas infantís para nenos e nenas maiores de 3 anos.
AMPLO PROGRAMA MUSICAL
O venres 10 de marzo abriranse ás oito da tarde os stands das adegas participantes, e á noite, actuará o grupo Nebraska a partir das once.
Xa o sábado 11 de marzo, haberá espazo para a música dende as once, coa actuación na carpa dos gaiteiros da Escola Tradicional de Música de Chantada, o grupo de Zanfoña da Tradescola de Lugo, e a actuación de Searas. A mañá rematará co tradicional concerto da Banda Municipal de Música de Chantada. Pola tarde, a festa retomarase ás cinco, coa música da charanga Garrafon.com, Festicultores, Grupo de Zanfoñas da Tradescola de Lugo, e Searas. Á noite será a quenda das orquestras, coa actuación, dende as nove, de Saudade e Israel.
A xornada do domingo 12 de marzo abrirase ás once cos gaiteiros Os Barrios, Os Frades do Convento e a charanga NBA, mentres ten lugar a cata oficial da XXXV Feira do Viño de Chantada. Xa ás doce, actuará a Banda de Gaitas do Concello de Chantada, e a continuación terá lugar a lectura do pregón, a cargo do xornalista Bieito Rubido Ramonde. Pola tarde, amenizarán a feira as charangas NBA e Ardores, e ás sete actuará a orquestra Solara.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Novos traballos de asfaltado nas rúas de Monforte

Seguinte Nova

O Entroido no sur de Lugo, en imaxes

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: