Estudantes de Ribadavia aprenden en Sober a poda da viticultura heroica

Estas sesión práticas realízanse grazas ao acordo entre o Concello de Sober e o IES O Ribeiro de Ribadavia

Imaxe da sesión de traballo de campo nos Chancís. GPCS
Imaxe da sesión de traballo de campo nos Chancís. GPCS

• A comezos de febreiro, as viñas de Sober estreáronse como aula aberta para aprender técnicas propias da viticultura heroica. Un grupo de 22 alumnos e alumnas e 3 profesores do IES O Ribeiro de Ribadavia realizaron práticas de traballo vitícola na viña experimental dos Chancís. Isto foi posible grazas ao acordo de colaboración asinado entre o Concello de Sober e o instituto ourensán.
Un dos profesores que acompañou ao alumnado durante a sesión nos Chancís, José Antonio Cortiñas, precisou o contido dos traballos realizados. O grupo de alumnos levou a cabo podas en cordón simple e dobre e guyot. Ademais, gardaron varas podadas para volver no mes de maio e poder enxertalas nos bravos dos socalcos.
Os alumnos que visitaron Sober están matriculados no módulo de Viticultura do 1º curso do Ciclo Medio de Aceites de Oliva e Viños, e do mesmo curso do Ciclo Superior de Vitivinicultura, con idades comprendidas entre os 18 e os 20 anos.
O profesor Cortiñas destacou esta experiencia como «moi positiva e interesante», xa que lles permite amosar ao alumnado as importantes diferenzas que existen no traballo vitícola nesta zona respecto á do Ribeiro, «ademais de quedar encantados coa impresionante paisaxe».•

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Melloras en 13 parques empresariais lucenses con axudas da Xunta en 2016

Seguinte Nova

Entroido doce en Bóveda co VI Concurso de Postres

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: