Continúan as accións provinciais para o fomento do emprego

•O Depuemprego xerou en febreiro outros 19 postos de traballo en 5 concellos  •O Goberno provincial aplicou a subida do salario mínimo interprofesional aos participantes do obradoiro Communiteando

Imaxe de arquivo da presentación do programa Ben Empregado 3, co presidente da Deputación, Darío Campos Conde, e varios participantes na convocatoria anterior. GPDL.
Imaxe de arquivo da presentación do programa Ben Empregado 3, co presidente da Deputación, Darío Campos Conde, e varios participantes na convocatoria anterior. GPDL.

• A Deputación de Lugo ten en marcha varias iniciativas para o fomento do emprego na provincia, que están a contar con novidades. A mediados de febreiro, o Goberno provincial anunciaba a creación de outros 19 postos de traballo en cinco concellos, entre eles os de Paradela e O Páramo, dentro do programa Depuemprego. En concreto, en Paradela ofertan 4 postos de peón de obras públicas, con prazo de solicitude ata o 6 de marzo. No Páramo, ofertáronse 3 peóns de obra. No Depuemprego, o organismo provincial financia con 3 millóns de euros os custes laborais dos 263 novos traballadores en concellos de menos de 20.000 habitantes. A finais de febreiro, xa estaban cubertos un total de 185 postos en 50 municipios, nos que se inclúen 11 concellos do sur de Lugo, cun total de 47 traballadores contratados a través do Depuemprego.
Pola súa banda, o programa Ben Empregado 3 recibiu máis de 4.500 solicitudes para cubrir os 193 perfís profesionais que inclúe esta iniciativa, para traballar en empresas e colectivos lucenses. Ao longo do mes de marzo, publicarase a lista de admitidos, para continuar co proceso de selección. Está previsto que os beneficiarios se incorporen aos seus postos de traballo antes do mes de xuño.
No Ben Empregado 3, a Deputación asume o 50% dos custes laborais de 126 desempregados en 116 entidades lucenses. A subvención medra ata o 100% no caso de desempregados en situación de risco de exclusión ou con capacidades diferentes, o que beneficiará a 39 persoas. Tamén será do 100% a achega para contratar a 28 parados en 26 colectivos sen ánimo de lucro.
Por último, a Deputación decidiu aplicar a subida do salario mínimo interprofesional aos 15 mozos que participan no obradoiro de emprego Communiteando, a pesar que de que se rixe por un programa da Xunta que non contempla este incremento.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Os alcaldes de Sarria e Monforte, na Asamblea do 25º aniversario do Eixo Atlántico

Seguinte Nova

Dous equipos do CB Sarria acadaron o segundo posto no Torneo Benvido

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

A %d blogueros les gusta esto: