• A XXXVII Feira do Viño de Amandi promocionarase cun deseño monfortino. O traballo realizado por José Carlos Quiroga Losada, veciño da parroquia de Gullade, foi o gañador do concurso de carteis que convoca anualmente o Concello de Sober co gallo desta celebración.
O xurado, composto polos creadores Humberto Loureiro, Doa Ocampo e Alejandro Ciurluini, escolleu por unanimidade o deseño de Quiroga Losada dun total de 38 traballos presentados a concurso, procedentes de varios puntos de España. A decisión do xurado incluíu a mención como accesits finalistas aos carteis da soberina Ana Santiso Vilar, veciña de Sistín do Mato, na parroquia de Canaval, e de Edith Nieves Sánchez, veciña da parroquia da Estación na Pobra do Brollón.
O gañador recibirá un premio en metálico de 600 euros, e os autores recoñecidos con accesit terán un premio de 100 euros e diploma, ademais de ser destacados na exposición do conxunto dos traballos.
O cartel gañador presentarase oficialmente o vindeiro 4 de marzo en Doade.•
Últimas noticias sobre CULTURA
Con este título, a fotógrafa e veterinaria Tamara Lebón, mostra na Casa de Cultura Lois Pereiro
A Antiga Prisión Preventiva de Sarria, hoxe sede da Oficina Municipal de Turismo, abriu as súas
Adrián Enríquez presentou o seu libro ‘Despertar en la oscuridad’ en Bóveda este sábado, nun evento
Terán lugar os días 6 e 7 de maio, e supoñen un punto de encontro entre