En prazo para mandar traballos ao Concurso de Carteis das Festas Patronais de Monforte

•Os deseños enviaranse antes do 26 de maio, e o cartel gañador coñecerase o 2 de xuño

As Festas Patronais de Monforte de Lemos celebraranse do 11 ao 16 de agosto de 2017. Arquivo EC
As Festas Patronais de Monforte de Lemos celebraranse do 11 ao 16 de agosto de 2017. Arquivo EC

• Xa está aberto o prazo para enviar deseños ao XXII Concurso de Deseño de Carteis das Festas Patronais de Monforte de Lemos. Segundo explicou o alcalde, José Tomé, con este concurso «queremos conseguir a máxima promoción posible desta festividade, tanto en Monforte   como fóra da nosa cidade, e a busca do mellor cartel anunciador é o punto de partida para conseguir o noso obxectivo».
As bases do concurso esixen que o deseño sexa de creación propia, orixinal e inéditor. A técnica é libre, aínda que ten que se reproducible por cuatricromía, e incluír o texto «Monforte de Lemos Festas Patronais do 11 ó 16 de agosto de 2017».
Os traballos presentaranse baixo plica con seudónimo, e no sobre interior pechado incluiranse os datos completos de identificación da autoría. Os deseños entregaranse, por correo postal ou presencialmente, no Rexistro do Concello de Monforte de Lemos.
O prazo remata o 26 de maio, e a decisión do xurado darase a coñecer o 2 de xuño.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Monforte e A Pobra do Brollón entran no programa de Vivendas Baleiras

Seguinte Nova

ACES-Sarria entregou os premios ás gañadoras da Campaña de San Valentín

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: