Aprobadas as últimas actuacións do Plan Integral da Rede Viaria provincial 2016

• No sur de Lugo, os arranxos deste Plan Integral da Rede Viaria provincial benefician a Sober, Pantón, Ribas de Sil, Monforte de Lemos, A Pobra do Brollón, O Incio, Samos e Folgoso do Courel

Boa parte das actuacións do Plan Integral da Rede Viaria provincial 2016 xa están executadas, como as realizadas na LU-P-4713 que une A Pobra do Brollón coa estrada de Lugo. EC
Boa parte das actuacións do Plan Integral da Rede Viaria provincial 2016 xa están executadas, como as realizadas na LU-P-4713 que une A Pobra do Brollón coa estrada de Lugo. EC
• A finais de xaneiro, o Goberno da Deputación aprobou as últimas actuacións do Plan Integral da Rede Viaria provincial correspondente a 2016, por importe de algo máis de 1,6 millóns de euros. O montante global do Plan Integral ascendeu a 6 millóns de euros, para a realización de melloras nun total de 40 estradas situadas en 26 municipios.
2,5 QUILÓMETROS EN SOBER LEVAN O SEGUNDO INVESTIMENTO MÁIS ELEVADO DO ÚLTIMO LOTE DE ACTUACIÓNS
Na última Xunta de Goberno de xaneiro, o Goberno provincial aprobou oito actuacións, unha delas no sur de Lugo. O equipo de Goberno deu luz verde ás obras de arranxo da LU-P-5903, de Sober a Doade, nun treito de case 2,5 quilómetros. O importe destinado a estas obras é de 332.400 euros, o segundo investimento máis elevado deste último lote de actuacións, detrás dos 514.400 euros que a Deputación aprobou para arranxar algo máis de 4,3 quilómetros na LU-P-4802, no municipio de A Pontenova.
ARRANXOS POR VALOR DE 359.400 EUROS EN VARIOS TRAMOS DA ESTRADA DE SAN CLODIO A CASTRO CALDELAS
A mediados de xaneiro, o Goberno provincial aprobaba a contratación de obras por valor de 1,2 millóns de euros, destinadas á mellora de varios tramos situados en 7 estradas provinciais correspondentes a 6 municipios.
No sur de Lugo, as melloras desenvolveranse en varios treitos da LU-P-5303, de San Clodio por Torbeo, no municipio de Ribas de Sil. Esta estrada absorbe moito tránsito, xa que une este concello lugués con Castro Caldelas. Os arranxos abranguen varios tramos deste vial, e contarán cun investimento de 359.400 euros.
MÁIS DE 93.400 EUROS PARA MELLORAR 3 QUILÓMETROS DA ESTRADA PROVINCIAL DE FERREIRA A GOIÁN, EN PANTÓN
Pola súa banda, o Goberno provincial aprobou a mediados do mes pasado unha partida de máis de 93.400 euros para arranxar preto de 3 quilómetros da estrada LU-P-4109 que vai de Ferreira a Goián.
Segundo destacaron os responsables provinciais, este vial serve de enlace entre a capitalidade de Pantón e a vía rápida de Monforte a Lalín, ademais de ser o principal acceso á igrexa de Ferreira de Pantón.
MELLORAS EN TRAMOS DE MONFORTE, SOBER E A POBRA DO BROLLÓN
En xaneiro, quedaban completadas moitas das obras anteriormente aprobadas polo Goberno provincial dentro do Plan Integral da Rede Viaria, por importe de 3,7 millóns de euros. No sur de Lugo, este paquete de actuacións incluía varias obras nun total de 5 municipios.
Así, na Pobra do Brollón, a Deputación arranxou 2 quilómetros da LU-P-4713, que une a capitalidade coa estrada LU-652. A estas obras, o Goberno provincial destinou 20.000 euros. Por outra banda, no municipio de Monforte de Lemos, o Plan Integral incorporou a mellora de 2,1 quilómetros da LU-P-3202, que vai de Monforte a Currelos, cunha achega de 23.000 euros. Tamén no municipio monfortino, a Deputación aprobou o arranxo de 1,4 quilómetros da estrada LU-P-3203, de Monforte a Rozabales, cun investimento de 13.400 euros. En Sober, a Deputación actuou en preto dun quilómetro da LU-P-4105, con 57.400 euros.
COMARCAS DE SARRIA E QUIROGA
Na comarca de Sarria, a Deputación investiu 90.000 euros no arranxo de 2 quilómetros nas estradas LU-P-2501 e LU-P-4706, no Incio, e outros 90.000 euros nun tramo de 1,4 quilómetros da LU-P-5601 en Samos.
Pola súa banda, en Folgoso do Courel, o Goberno provincial destinou 18.000 euros para arranxo de baldóns na LU-P-1301 e na LU-P-1303.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Un paso máis cara unha estratexia conxunta do turismo na provincia

Seguinte Nova

Conta atrás para disfrutar do Entroido no sur de Lugo

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

A %d blogueros les gusta esto: