22M-eleccións municipais 2011: O Saviñao -Candidaturas, listas, valoración do mandato que finaliza, 3 obxectivos a cumprir en caso de acadar a alcaldía

PARTIDO POPULAR

Joaquín González, candidato do PP á alcaldía de O Saviñao.

1. Califique a situación municipal actual. “A situación do Concello é relativamente boa, tendo en conta a crise económica que todos estamos a vivir, a nosa débeda non é alta, e incluso temos capacidade para mercar terreos para futuras infraestruturas, tal e como acabamos de facer. Levamos tempo mellorando os servizos, e nos últimos meses destaca por exemplo a mellora da recollida do lixo, á que se adican partidas importantes, e que ten mellorado moito no rural e ten incorporado novas accións como a recollida específica de obxectos vellos.” 2. Indique tres obxectivos prioritarios no caso de acadar a alcaldía. “É prioritaria a construcción dun novo centro de saúde, porque consideramos que a sanidade é algo prioritario. Por outra parte seguirá habendo unha clara aposta polo polígono industrial e unha procura de emprego, tamén enfocado á xente nova, conscientes de que a situación é moi complicada. Un terceiro obxectivo é apostar máis pola xuventude, a muller e o benestar social e prantexamos crear unha nova concellería enfocada nestas áreas e con proxectos de futuro.” 3. Indique tres características da lista que encabeza. “As características están moi claras, a lita está composta por xente que repite e que aportamos traballo e experiencia na xestión local, e por outa parte, incorporase xuventude con capacidade e que aporta futuro e ideas. Penso que na confección desta lista destaca fundamentalmente a apertura á xuventude.”

Lista: 1.-D. JOAQUÍN GONZÁLEZ GONZÁLEZ, 2.-D. JUAN CARLOS ARMESTO QUIROGA, 3.-D. MÓNICA LÓPEZ SAAVEDRA, 4.-D. BEATRIZ ROIS CASTRO, 5.-D. JESÚS SÁNCHEZ SACO, 6.-D. RAMÓN VARELA ROIS, 7.-D. JOSÉ ALIPIO CURTO MÉNDEZ, 8.-D. MARÍA DEL CARMEN BARREIRO DÍAZ, 9.-D. MARÍA TERESA VARELA GARCÍA, 10.-D. ANTONIO LÓPEZ JORGE, 11.-D. TANIA PRADO RODRÍGUEZ. SUPLENTES: 1.-D. MANUEL ÁNGEL OTERO FERREIRO, 2.-D. MANUEL LOSADA RODRÍGUEZ, 3.-D. ISABEL RODRÍGUEZ LOSADA.

PARTIDO SOCIALISTA

José Antonio Quiroga, candidato do PSdG-PSOE á alcaldía de O Saviñao.

1. Califique a situación municipal actual. “A situación é pésima. O municipio do Saviñao atravesa unha etapa de decadencia, que se ve perectamente reflectida nos datos poboacionais e na actividade económica. Trátase dun concello no que caen todos os indicadores socioeconómicos. A nivel do goberno local existe un absoluto sectarismo e escurantismo tanto na xestión coma na relación cos veciños, os últimos catro anos foron outro mandato perdido.” 2. Indique tres obxectivos prioritarios no caso de acadar a alcaldía “Abrir a residencia e o centro de día públicos, trasladar o matadoiro para o polígono industrial e activar un plan de emprego e participación enfocado fundamentalmente á xuventude a través dunha serie de iniciativas coma o contacto con este sector da poboación a través dun Consello da Xuventude e unha Casa da Xuventude, ou fomentando o cooperativismo e a creación de pequenas empresas enfocadas a poñer en valor o agro ou os montes comunais. En definitiva, O Concello ten que converterse nun axente activo na creación de emprego. Por outra banda, pretendemos achegar os servizos de saneamento e abastecemento de auga a todas as parroquias e adecentar os lugares do rural que están moi abandonados.” 3. Indique tres características da lista que encabeza “A nosa lista está composta por xente preparada, con ilusión e experiencia. Fundamentalmente mestura renovación con xuventude e novas ideas que se unen á experiencia doutros membros da lista.”

Lista: 1.-D. JOSÉ ANTONIO QUIROGA DÍAZ, 2.-D. YOLANDA LOSADA PÉREZ, 3.-D. MANUEL QUIROGA VÁZQUEZ, 4.-D. ABEL LÓPEZ CADAHÍA, 5.-D. MARINA MOSQUERA RODRÍGUEZ, 6.-D. JOSÉ MANUEL RODRÍGUEZ ARIAS, 7.-D. SHEILA GARCÍA RODRÍGUEZ, 8.-D. JOSÉ LUIS LOSADA PÉREZ, 9.-D. LUISA MÉNDEZ RODRÍGUEZ, 10.-D AMANDO GARCÍA VÁZQUEZ, 11.-D. Mª DOLORES LEIRO COTO. SUPLENTES: 1.-D. CELESTINO RODRÍGUEZ POMBO, 2.-D. GONZALO FERNÁNDEZ MARIÑO, 3.-D. CARMEN Mª CASAS RODRÍGUEZ.

BLOQUE NACIONALISTA GALEGO

Francisco Nieves, candidato do BNG á alcaldía de O Saviñao.
1. Califique a situación municipal actual “O Concello do Saviñao está nunha situación de paro xeralizado, nun estado vexetativo. O goberno local réxese polas características de todos os mandatos durante os que leva gobernando, non hai investimentos produtivos, senón electoralistas. Existe unha falta de transparencia na xestión e nas contas e unha carencia de información de cara a cidadanía, esquencendo os dereitos cívicos. Po r outra banda existe unha ausencia total de acción social con exemplos como a carencia dun centro de día e dunha residencia asequibles nun concello no que o 45% da poboación ten máis de 65 anos.” 2. Indique tres obxectivos prioritarios no caso de acadar a alcaldía “Levar o benestar social e os servizos básicos ás parroquias para achegalas ao século XXI. Case ningunha conta con traída de augas, alcantarillado e recollida do lixo en condicións. En segundo lugar pretendemos fomentar o emprego dentro das posibilidades que ten unha entidade local neste senso, por exemplo mediante o achegamento de recursos tecnolóxicos, formativos ou infraestruturas agrarias, que ademáis eviten a emigración. Finalmente, prestaremos asistencia aos maiores é á xente moza, procurando servizos como a axuda a domicilio e os centros de día, tanto en Escairón coma en Currelos, cos mozos tentarase sementar un cooperativismo para que trasladen as súas demandas.” 3. Indique tres características da lista que encabeza “É unha lista equlibrada coa experiencia e o coñecemento en diversos sectores que aporta a xente de mediana idade unida ás novas ideas e á formación, sociabilidade e implicación dos máis novos.”

Lista: 1.-D. FRANCISCO LEONARDO NIEVES RAJO, 2.-D. ANTÍA NIEVES RODRÍGUEZ, 3.-D. TAR LÓPEZ LÓPEZ, 4.-D. TANIA MIRÁS LÓPEZ, 5.-D. MARCOS TABOADA GARCÍA, 6.-D. PAULA FERNÁNDEZ GARCÍA, 7.-D. BENIGNO GONZÁLEZ GONZÁLEZ, 8.-AGUSTÍN LÓPEZ LÓPEZ, 9.-D. MARINA FERNÁNDEZ EXPÓSITO, 10.-D. MARÍA JOSÉ SÁNCHEZ LÓPEZ, 11.-D. XOSÉ MANUEL RODRÍGUEZ MARTÍNEZ. SUPLENTES: 1.-D. ROSA MARÍA LÓPEZ MÉNDEZ, 2.- JOSÉ ARMANDO FERNÁNDEZ RODRÍGUEZ, 3.-D. JAIME NOGUEROL NOGUEROL, 4.-D. JOSÉ CARLOS JORGE RODRÍGUEZ, 5.-D. MARÍA DE LA PAZ FERNÁNDEZ VÁZQUEZ.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

22M-eleccións municipais 2011: Chantada -Candidaturas, listas, valoración do mandato que finaliza, 3 obxectivos a cumprir en caso de acadar a alcaldía

Seguinte Nova

22M-eleccións municipais 2011: Quiroga -Candidaturas, listas, valoración do mandato que finaliza, 3 obxectivos a cumprir en caso de acadar a alcaldía

Últimas noticias sobre POLÍTICA LOCAL

A %d blogueros les gusta esto: