O Entroido Ribeirao abriu a porta ás celebracións do sur de Lugo

•Dende o 12 de febreiro, a parroquia chantadina de Santiago de Arriba celebra esta senlleira tradición

O Entroido Ribeirao é unha das manifestacións etnográficas máis senlleiras da provincia de Lugo. (Foto: MONTERO).
O Entroido Ribeirao é unha das manifestacións etnográficas máis senlleiras da provincia de Lugo. (Foto: MONTERO).
• As terras de Chantada ofrecen a primeira das propostas para disfrutar do Entroido no sur lugués, coa tradicional programación do Entroido Ribeirao.
DOMINGO LAMBEDOIRO
O Entroido Ribeirao abriu o calendario o 12 de febreiro, co Domingo Lambedoiro, dende as 12 do mediodía, coa saída dende a Praza de Santa Ana os pasarrúas cos entroidos invitados. Pola tarde, a xornada tivo continuidade na parroquia de Santiago de Arriba, a partir das 4, co grupo de gaitas vigués “Os de aquí e os de aculá”, a actuación especial dos Folions Rurais e Boteiros de Viana do Bolo, a asociación Xuntos polo Fulión de Vilariño de Conso, o Fulión da Mourela, e os peliqueiros e parrafóns de Campobecerros. A xornada contou con pinchos e viño para os asistentes, ademais de sorteos sorpresa.
CITAS FESTIVAS DENDE O DOMINGO 19
O 19 de febreiro, continúa o Entroido Ribeirao a partir das catro da tarde, coa actuación do gruo “Os de aquí e os de aculá”. Haberá viño e pinchos, e o tradicional sorteo de agasallos.
Esta fórmula repetirase o domingo 26, e tamén o Martes de Entroido, que culminará co Choro do Pucho, e unha merenda con chourizos e castañas. Ademais, o Mequiño agasallará con doces a todos os nenos presentes.
A Asociación Amigos do Entroido Ribeirao é a encargada da organización desta senlleira celebración, que conta co patrocinio do Concello de Chantada, a Deputación de Lugo, a adega Vía Romana e o Centro do Viño da Ribeira Sacra.•

•O documental “O Moredo” reivindica a esencia do Entroido Ribeirao

•A peza audiovisual, dirixida polo chantadino David Vázquez, puido verse estes días no Círculo Saviñao e no Centro do Viño

A proxección do documental “O Moredo” no Círculo Saviñao, a finais de xaneiro. (Foto cedida).
A proxección do documental “O Moredo” no Círculo Saviñao, a finais de xaneiro. (Foto cedida).
• O documental “O Moredo”, dirixido por David Vázquez con guión de Lorena Gallardo, continúa coa súa rolda de proxeccións pola contorna. A finais de xaneiro, o Círculo Saviñao daba acollida a un numeroso público para ver esta peza audiovisual, que dá testemuña da loita por conservar o Entroido Ribeirao, unha das mostras máis significativas do tesouro etnográfico do sur de Lugo.  As proxeccións continuaron con outra sesión en Monforte de Lemos, esta vez no Centro do Viño da Ribeira Sacra, a comezos de febreiro.
David Vázquez, director do documental, e Lorena Gallardo, guionista de “O Moredo”, co cartaz que anuncia a rolda de proxeccións desta peza, finalista dos XV Premios Mestre Mateo. (Foto cedida).
David Vázquez, director do documental, e Lorena Gallardo, guionista de “O Moredo”, co cartaz que anuncia a rolda de proxeccións desta peza, finalista dos XV Premios Mestre Mateo. (Foto cedida).
MOMENTO FELIZ PARA O CINE FEITO EN CHANTADA
O cine realizado en Chantada está a vivir un momento moi doce. Logo de gañar, no mes de decembro, o premio Via XIV-Festival Internacional de Cortometrajes de Verín, o documental “O Moredo” foi seleccionado para optar, xunto a outras 24 producións galegas, aos XV Premios Mestre Mateo na categoría de documental. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Sober amosou os seus atractivos na Feira Gastronómica Xantar

Seguinte Nova

Bóveda promove a sensibilización contra a violencia de xénero

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: