O mellor talento emprendedor lucense deuse cita en Pantón

•Pantón foi a sede, a mediados deste mes, da xornada previa ao Demo Day, que días despois elixiu aos finalistas da cuarta edición do programa de apoio ao emprendemento Vía Galicia

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, asistiu á primeira xornada de preparación da final do programa Vía Galicia, que se celebrou en Pantón o 13 e 14 de xaneiro. GPXG.
O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, asistiu á primeira xornada de preparación da final do programa Vía Galicia, que se celebrou en Pantón o 13 e 14 de xaneiro. GPXG.
• Do 13 ao 14 de xaneiro, Pantón foi a capital do emprendemento lucense, ao acoller a celebración da fase de academia da cuarta edición da aceleradora de emprego Vía Galicia. O evento congregou aos responsables dun total de 20 proxectos, que xunto a outra vintena presentados na sede de Vigo, loitaron por entrar nos 15 proxectos finalistas desta iniciativa que aposta polo emprendemento para a creación de riqueza. Os proxectos que participaron en Pantón na previa á fase provincial en Lugo, xunto cos seleccionados en Vigo, decantáronse por actividades relacionadas coa fábrica intelixente e conectada en sectores como o téxtil, a alimentación e a pesca ou o ámbito aeroespacial.
VÍA GALICIA DÁ PULO Á CULTURA DO COÑECEMENTO E DA CREACIÓN DE VALOR
Segundo explicou o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, durante a súa intervención no encontro, o programa de aceleración Vía Galicia contribúe a favorecer un ecosistema emprendedor que aposta pola Industria 4.0, o talento, a creatividade, as novas ideas e unha cultura que pon énfase no coñecemento e a creación de valor.
Conde subliñou a importancia deste tipo de xornadas, porque permiten aos participantes coñecer mecanismos que facilitan dar visibilidade ás súas propostas, destacar os seus puntos fortes e marcar liñas estratéxicas que consoliden os seus produtos no mercado.
ACELERADORAS E CENTROS COWORKING
Conde lembrou que na provincia de Lugo desenvólvense varios programas de aceleración de empresas, como Agrobiotech, que ten como obxectivo incrementar o nivel de excelencia das pemes innovadoras galegas, ou  os centros coworking de Mondoñedo e Monforte, onde están a participar 35 proxectos promovidos por 38 emprendedores.
MÁIS EMPRENDEMENTO LUCENSE
O conselleiro destacou que esta aposta polo emprendemento axuda a consolidar as cifras de creación de empresas, que na provincia de  Lugo aumentaron nun 23,2% en 2016 respecto ao ano anterior, o que supón 7 puntos máis que a media galega.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Luís Villares abriu o ciclo de conferencias no Círculo Saviñao

Seguinte Nova

Aberto ata o 3 de febreiro o prazo de solicitude dos 193 novos empregos do programa provincial Ben Empregado 3

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: