A Xunta incrementou en 240 horas ao mes no servizo de axuda no fogar a dependentes en Sober

•O Conselleiro de Política Social mantivo este mes unha reunión co alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián

O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, mantivo un encontro co alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, o pasado 10 de xaneiro. GPXG.
O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, mantivo un encontro co alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, o pasado 10 de xaneiro. GPXG.

• A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Política Social, vén de reforzar o servizo de axuda no fogar a dependentes no Concello de Sober. Deste xeito, esta prestación experimentou un incremento de 240 horas ao mes, sumando un total de 19.104 horas ao ano, o que supón unha cobertura de atención ás persoas con autonomía limitada superior ao 94% neste municipio do sur de Lugo. Estes datos foron ofrecidos logo da reunión que mantivo o conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, co alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, dentro da rolda de contactos que está a realizar o titular autonómico cos rexedores locais. Segundo lembrou Rey Varela, estes contactos buscan avanzar, dende a colaboración e o consenso, nas liñas de actuación en materia social para atender ás persoas e familias máis vulnerables.
“O obxectivo é conseguir todas as melloras posibles na calidade de vida das familias e das persoas dependentes”,. salientou Rey Varela, “para o que continuamos a incorporar de maneira progresiva a máis persoas aos diferentes servizos que integran o sistema autonómico de atención”. Por outra banda, o conselleiro destacou a importancia da colaboración entre Xunta e Concellos, “a prol dunha política social axeitada ás necesidades actuais”.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Intensa dinamización do comercio sarriao durante as datas do Nadal

Seguinte Nova

Monforte pedirá un segundo obradoiro para completar o axardinamento de Cobas

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

A %d blogueros les gusta esto: