Centros educativos de Sarria e Chantada adheríronse ao Plan Proxecta de Educación

O Plan busca o fomento da motivación, o traballo colaborativo e en rede, e a creación de boas práticas

O chantadino IES Lama das Quendas desenvolverá este curso un total de 4 programas do Plan Proxecta da Consellería de Educación. Arquivo EC
O chantadino IES Lama das Quendas desenvolverá este curso un total de 4 programas do Plan Proxecta da Consellería de Educación. Arquivo EC
• Os catro centros públicos de ensino de Chantada participarán este curso en diversos programas dentro do Plan Proxecta que organiza a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. En Sarria, sumáronse a esta iniciativa os dous institutos de ensino secundario dependentes da Consellería. Na provincia de Lugo, son 65 os centros educativos que tomarán parte nalgún dos 41 programas que configuran o Plan Proxecta, que reúne este curso a 90.939 alumnos de toda Galicia, un 7% máis que no curso pasado.
OITO PROXECTOS DO PLAN PROXECTA EN CENTROS DE CHANTADA
En Chantada,  desenvolveranse un total de 8 proxectos integrados neste programa da Consellería de Educación. Así, o IES Lama das Quendas participará nos programas PDC Centros Activos e Saudables, Paisaxe e Sustentabilidade, Proxecto Ríos, e Quérote+. O IES Val do Asma traballará nos proxectos Clases sen Fume, Proxecto Didáctico Antonio Fraguas, e Proxecto Terra. Pola súa banda, o CEIP Eloísa Rivadulla participa no proxecto Recíclate con Sogama, e o CEIP Xoán de Requeixo vai traballar en Galicons-net, e PDC Centros Activos e Saudables.
TRES PROXECTOS AO LONGO DESTE CURSO NOS DOUS INSTITUTOS DE SARRIA
En Sarria, o IES Gregorio Fernández adheriuse ao proxecto Paisaxe e Sustentabilidade, e o IES Xograr Afonso Gómez traballará nos proxectos Quérote+ e Salvavidas.
FOMENTO DA MOTIVACIÓN, O TRABALLO COLABORATIVO E EN REDE, E A CREACIÓN DE BOAS PRÁTICAS
O Plan Proxecta ten como obxectivo o fomento da innovación educativa nos centros a través de programas educativos que desenvolvan as competencias clave como eixo do currículo e os elementos transversais, entre os que se inclúe a educación en valores. O Plan Proxecta trata de acadar este obxectivo con programas externos aos centros, que leven á motivación e ao traballo activo, cooperativo e en rede, tanto do alumnado como do profesorado. De aí que a base do Plan Proxecta sexa a estructura interdisciplinar dos proxectos, que poidan servir de modelo de traballo ou de boa prática, tanto para o propio centro como para toda a comunidade educativa galega.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O Círculo Saviñao organiza dende mediados deste mes un novo ciclo de conferencias

Seguinte Nova

Intensa dinamización do comercio sarriao durante as datas do Nadal

Últimas noticias sobre EDUCACIÓN

A %d blogueros les gusta esto: