O Círculo Saviñao organiza dende mediados deste mes un novo ciclo de conferencias

Os portavoces dos catro grupos parlamentarios falarán sobre «Perspectivas para Galicia nesta lexislatura»

O ciclo de conferencias "Perspectivas para Galicia nesta lexislatura" desenvolverase no Círculo Saviñao ata finais de febreiro. (Foto cedida).
O ciclo de conferencias «Perspectivas para Galicia nesta lexislatura» desenvolverase no Círculo Saviñao ata finais de febreiro. (Foto cedida).

O Círculo Saviñao de Escairón comeza o ano cun novo ciclo de conferencias, nas que participarán os catro portavoces dos grupos parlamentarios de Galicia. As sesións xirarán en torno ás «Perspectivas para Galicia nesta lexislatura», e iniciaranse coa intervención de Luís Villares, portavoz do grupo En Marea na Cámara galega, o sábado 14 de xaneiro. A quenda seguinte terá como protagonista a Xoaquín Fernández Leiceaga, voceiro do grupo parlamentario socialista, que falará o venres 27 de xaneiro.

No mes de febreiro, intervirá Ana Pontón, portavoz parlamentaria do Bloque Nacionalista Galego, o sábado 4 de febreiro, e pechará o ciclo o voceiro do grupo parlamentario do Partido Popular, Pedro Puy, o sábado 18.

As sesións terán lugar ás 20,00 horas, con entrada libre e gratuíta.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Sober estrea unha aula de informática e outra multimedia para formación e lecer

Seguinte Nova

Centros educativos de Sarria e Chantada adheríronse ao Plan Proxecta de Educación

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: