Máis de 100 viños na III Cata Patrimonio Ribeira Sacra

Foto de familia dos premiados na III Cata Patrimonio Ribeira Sacra celebrada a finais de novembro. (Foto cedida).
Foto de familia dos premiados na III Cata Patrimonio Ribeira Sacra celebrada a finais de novembro. (Foto cedida).
• Un total de 60 adegas da Denominación de Orixe participaron na III Cata Patrimonio Ribeira Sacra, celebrada a finais do mes pasado, e na que foron examinados 106 viños, e que poden atoparse á venda nesta tempada.
En cada modalidade, establecéronse dous premios, o Gran Patrimonio, equivalente ao ouro ou primeiro premio, e Patrimonio, que corresponde á prata ou segundo premio.
VIÑOS PREMIADOS
Nos tintos, foron recoñecidos co Gran Patrimonio Ribeira Sacra os viños Barbado e Viña Peón. O Patrimonio Ribeira Sacra correspondeu aos caldos Cruceiro, Malcavada, Ciudad Seis, Viña Cazoga e Cardenal.
En brancos, o ouro foi para Condado de Sequeiras e Maga, mentres que a prata recaiu en Viña Garoña e Viña Vella. Xa en barrica, o Gran Patrimonio correspondeu a Peza do Rei e Abadía da Cova, e o Patrimonio concedeuse a Rectoral de Amandi, Don Bernardino, Divina Clementia e Tolo do Xisto.
En magnum, o primeiro premio foi para Regina Viarum, e o segundo para Casa Moreiras e Rectoral de Amandi.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A Xunta entregou en Quiroga novo material para emerxencias por neve

Seguinte Nova

Monforte perpetúa o roteiro vital e literario de Manuel María

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: