Nadal no comercio de Sarria

• ACES Sarria organizou unha serie de actos para celebrar o Nadal. Do 22 ao 27 de decembro, os clientes do comercio asociados poderán participar na Ruleta da Sorte, realizando compras por valor de 100 euros, e optando a numerosos premios, agasallos e tarxetas regalo.
A versión infantil desta promoción terá lugar o 4 de xaneiro. Esta ruleta para nenos repartirá agasallos, e traerá un Rei Mago que recollerá as cartas dos máis cativos. Tamén Papá Noel se sumará aos actos de ACES Sarria, visitando varios comercios asociados o 24 de decembro.
Por último, ACES Sarria dinamizará estas festas a través do concurso Escaparates de Nadal, un concurso virtual de escaparates, que premiará ao que consiga máis Me gusta nas redes.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A Asociación Veciñal do Saviñao elaborou un censo con 48 fontes públicas

Seguinte Nova

Actividades para todos no Nadal de Monforte

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: