O ximnasio Neka completa con 18 medallas as últimas competicións previas ao Campionato de España de clubes

•Na Copa Cidade da Coruña, os monfortinos conseguiron tres metais •Os do Neka asinaron a súa mellor Copa Xunta de Galicia, ao sumar un total de 15 medallas

No centro da imaxe, José Manuel Ojea, do Neka, coa medalla de ouro conseguida na Copa Xunta de Galicia o día 19.  (F. cedida).
No centro da imaxe, José Manuel Ojea, do Neka, coa medalla de ouro conseguida na Copa Xunta de Galicia o día 19. (F. cedida).
• O ximnasio Neka de Monforte afronta a conta atrás para a gran cita anual do taekwondo. Despois dun exitoso ano, na liña das últimas tempadas, os monfortinos estanse a preparar para o Campionato de España de Clubes, que se disputará en Alicante do 8 ao 11 de decembro. Como preparatorio para a proba nacional, á que acudirán 16 taekwondistas do clube monfortino, os deportistas do Neka cumpliron co calendario de competición en Coruña e no Carballiño, aumentando o seu palmarés cun resultado global de 18 medallas.
TRES PODIOS NA COPA CIDADE DA CORUÑA DE COMBATE
O 12 de novembro disputouse a Copa Cidade da Coruña de Combate, puntuable para a selección galega. Na cita coruñesa, o Neka conseguiu tres podios. Aitor Teijeiro debutou en combate logrando un bronce, metal que tamén acadou Lucía Roca, nunha categoría difícil pola diferenza de peso coas demais competidoras. A sorte non acompañou a Manuel Salgado, que quedou eliminado en cuartos cun resultado moi axustado. O mesmo desenlace tivo a participación de Elena Varela, que caiu en cuartos diante da actual campiona de España.
Pola súa banda, Junior Martínez consolida a súa extraordinaria traxectoria en combate, ao acadar o ouro na proba coruñesa. Segundo explicou o seu adestrador, José Mª Vega, Martínez “está a afianzar un bo camiño de cara ao Campionato de España de decembro, con moitas esperanzas de facer algo grande”.

neka-podio-carballino-2
Á dereita, Lúa Abeledo, no Neka, que acadou un bronce na Copa Xunta de Galicia celebrada no Carballiño o día 19. (Foto cedida).
A MELLOR COPA XUNTA NA HISTORIA DO NEKA
Os éxitos tamén acompañaron aos de Neka na Copa Xunta de Galicia celebrada no Carballiño o día 19. O evento congregou a máis de 700 taekwondistas de toda Galicia, o que poñía a priori as medallas “moi caras”, segundo apuntou Vega. O Neka competiu con 35 deportistas, acadando un total de 15 medallas na que foi a mellor Copa Xunta na historia do clube monfortino.
A competición autonómica saldouse con tres ouros para os de Neka, conseguidos por José Manuel Ojea,  Laura Álvarez, e David Rivelo. A proba do Carballiño fixo sumar aos monfortinos un total de tres pratas, que viñeron da man de Carla Pardo, Manuel López e Raúl Vázquez.
En bronce, os deportistas do Neka lograron un total de nove metais. Con esta medalla, subiron ao podio Lúa Abeledo, Karla Novo, Andrea Pérez, Víctor Martínez, Nerea Rodríguez, Carlos Fernández, Carlos Rey, Iria de la Fuente, e Enrique Jesús Álvarez.
A derradeira competición dos de Neka antes do Campionato de España de Clubes será en Moaña, o 26 de novembro. O clube monfortino acudirá cunha representación de preto de 25 deportistas.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Convenio de 235.500 euros entre a Deputación e o Concello de Sarria

Seguinte Nova

En marcha o Plan Invernal da Deputación en estradas con 112 operarios e 64 máquinas

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: