Pulo á competitividade do comercio de Sarria

•A vila xacobea acolleu un Taller de Emprendemento e Creatividade orientado ao pequeno comercio

A Federación Galega de Comercio impartiu este taller en Sarria o pasado 22 de novembro, en colaboración con ACES-Sarria e a Dirección Xeral de Comercio da Xunta. (Foto: FGC).
A Federación Galega de Comercio impartiu este taller en Sarria o pasado 22 de novembro, en colaboración con ACES-Sarria e a Dirección Xeral de Comercio da Xunta. (Foto: FGC).

• O día 22, tivo lugar en Sarria o Taller de Emprendemento e Creatividade, destinado ao comercio de proximidade. O taller estivo organizado pola Federación Galega de Comercio, en colaboración con ACES-Sarria e a Dirección Xeral de Comercio da Xunta de Galicia. A actividade, que se está a desenvolver nas catro provincias galegas, ten como obxectivo fomentar o coñecemento en materia de consumo, referido a promocións, prezos ou follas de reclamacións, entre outros aspectos, ademais de informar sobre canles de pago e procesos dixitais. O taller completouse coa exposición de diversas experiencias comerciais de éxito.
Segundo explicou a directora xeral de Comercio, Sol Vázquez Abeal, a Xunta está a apostar polo establecemento do «smart commerce», un novo modelo de comercio intelixente que sitúe ao cliente no centro da súa estratexia. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

25 establecementos de Sarria encherán de sabores o Tapicheo 2016

Seguinte Nova

Tapas e cantos de taberna na Pobra do Brollón

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: