25 establecementos de Sarria encherán de sabores o Tapicheo 2016

Cinco rutas, cun total de 25 establecementos, componen a proposta gastronómica do Tapicheo'16 de Sarria, do 2 ao 8 de decembro. (Arquivo EC).
Cinco rutas, cun total de 25 establecementos, componen a proposta gastronómica do Tapicheo’16 de Sarria, do 2 ao 8 de decembro. (Arquivo EC).
• O mes de decembro comezará en Sarria cun mapa de sabores para disfrutar ao longo de cinco días. A nova edición do Tapicheo 2016 ofrece cinco rutas de tapas coas mellores propostas dun total de 25 establecementos, que ofrecerán as súas mellores creacións gastronómicas do 2 ao 8 de decembro.
RUTAS DO TAPICHEO
As cinco rutas están identificadas por colores, e integradas por cinco establecementos cada unha. Así, na Ruta Azul poderase disfrutar das tapas do Milola, O Descanso, DP Cristal, O Camiño, e Bar O Barullo. Na Ruta Verde están o Parisien, Bar Rosyl, D’Orixen, Cafetería A Polar e Don Pepe.
A Ruta Amarela integra as creacións de Mesón Roberto, Cafetería Santiago, Cafetería Next, La Credencial e Hotel Alfonso IX. Xa na Ruta Laranxa, os participantes degustarán as tapas do Adarve, 8MM, As de Picas, A’ Oficina, e D’ Pont. Pola súa banda, na Ruta Vermella están incluídos o Bar Anduriñas, Travesía dos Soños, Restaurante O Chanto, Montecarlo e Cafetería Central.
PREZOS E HORARIOS DO TAPICHEO 2016
Todos os establecementos ofrecerán dúas creacións, unha de tapa tradicional e outra de tapa innovadora, con prezos de oscilan entre 1,50 e 2 euros. As tapas do concurso poderán degustarse tanto en horario de mediodía, de unha a tres, como no tapeo de tarde, entre as oito e as once da noite.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A app do Camiño posta en marcha pola Xunta rexistra máis de 7.300 descargas

Seguinte Nova

Pulo á competitividade do comercio de Sarria

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: