Chantada aumenta o seu patrimonio bibliográfico cun novo libro sobre o mosteiro de San Salvador

•O presente libro convirte ao mosteiro chantadino no terceiro cenobio medieval de Galicia en contar cunha transcrición e publicación completa dos seus pergamiños

O conselleiro de Cultura en funcións, Román Rodríguez, na presentación do libro, acompañado dos autores e do director do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, Eduardo Pardo de Guevara y Valdés. GPXG.
O conselleiro de Cultura en funcións, Román Rodríguez, na presentación do libro, acompañado dos autores e do director do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, Eduardo Pardo de Guevara y Valdés. GPXG.
• A finais do mes pasado, presentábase en Compostela o libro “El monasterio de San Salvador de Chantada (siglos XI-XVI). Historia y documentos”, editado polo Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC), e que tivo como autores ao sacerdote José Méndez Pérez, e aos investigadores do CSIC Pablo S. Otero Piñeyro Maseda e Miguel Romaní Martínez.
O libro constitúe o volume número 40 da serie “Anejos de Cuadernos de Estudios Gallegos”, adicada á publicación de monografías de investigacións orixinais, ou de edicións e reedicións de obras clásicas vinculadas a Galicia nos eidos da Xeografía ou a Historia, entre outros.
O MOSTEIRO DE SAN SALVADOR, ELEMENTO DE DINAMIZACIÓN E HUMANIZACIÓN DAS TERRAS CHANTADINAS NO MEDIEVO
A presentación contou coa presenza do conselleiro de Cultura en funcións, Román Rodríguez, quen salientou a importancia da creación deste mosteiro chantadino, impulsada por dúas mulleres da aristocracia galega, para o desenvolvemento da comarca de Chantada ao abeiro do señorío que exerceu neste territorio ata o século XV. Rodríguez lembrou tamén a gran aportación desta comunidade monástica á humanización das terras da Ribeira Sacra e ao desenvolvemento da viticultura, elemento de gran singularidade nesta zona.
O DE CHANTADA SÚMASE AOS MOSTEIROS MEDIEVAIS DE FERREIRA E POMBEIRO
Así mesmo, o conselleiro de Cultura en funcións felicitou aos autores polo seu “exhaustivo traballo investigador”. Román Rodríguez destacou que este libro permite que o mosteiro de San Salvador de Chantada se convirta no terceiro dos cenobios medievais galegos en contar cos seus pergamiños completamente transcritos e publicados. O de Chantada sumaríase así aos de Santa María de Ferreira de Pantón e ao de San Vicente de Pombeiro, tamén neste mesmo municipio lucense. Co traballo de Méndez, Piñeyo e Romaní, Chantada enriquece o seu patrimonio bibliográfico e cultural.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A Deputación adiantou 1 millón de euros aos Concellos para mellorar o Servizo a Domicilio

Seguinte Nova

O Concello de Monforte aumenta a partida de axudas a asociacións culturais e sociais

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: