Os socialistas de Monforte centran a súa campaña na creación de emprego

José Tomé Roca, candidato do PSOE á Alcaldía de Monforte de Lemos. EC.

O PSOE de Monforte está a centrar a súa campaña no emprego “ o principal problema de Monforte”, apunta o candidato á alcaldía José Tomé Roca. A potenciación do polígono industrial, a mellora das comunicacións e a atracción de empresas serían as estratexias de crecemento que propoñen os socialistas no seu programa.

PXOM

A elaboración e aprobación do Plan Xeral de Ordenamento Municipal é outro dos grandes temas do discuro electoral. Para Tomé, a ausencia deste documento nun concello coma o de Monforte está a limitar o crecemento industrial e sobre todo o do sector da construcción e do comercio relacionado.

Infraestruturas

Pero sen as grandes infraestruturas de comunicación non existe desenvolvemento posible, e entre as propostas dos socialistas de Monforte está, segundo indica o alcaldable, “ conscientes da etapa de crise económica que está a ralentizar as vías de comunicación, temos que tratar de que non se paralicen as obras en marcha nin o proxectado”, e engade que estas infraestruturas son básicas para o despegue do turismo e para que se instalen as empresas.

Área Sanitaria

A Sanidade Pública está presente na listaxe principal de medidas que propoñen dende o PSOE, onde indican que se vixiarán os compromisos sobre a Área Sanitaria de Xestión Integrada proxectada pola Consellería para Monforte, entre outros aspectos. Colectivos coma os maiores e a xuventude serán, en palabras de Tomé Roca, beneficiarios de políticas na liña da mellora das instalacións, “tal e como está a facer actualmente a Deputación no caso da residencia da terceira idade de Monforte”. O representante socialista fai referencia no seu discurso a respectar a mesma liña en canto ás actuacións nas parroquias “ que cando os socialistas estivemos ao cargo desta área no goberno local”, apunta. A “aposta clara polo comercio e o turismo” pasa por iniciativas coma a Mesa do Comercio como órgano que traslade propostas que o Concello tería a obriga de atender.

Os socialistas destacan, finalmente, a súa “utilidade dende a alcaldía”, xa que os veciños serían conscientes, segundo o seu criterio, que dende os gobernos locais coma o do BNG en maioría “ningún foi capaz de traer ningunha empresa”, apunta Tomé.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Adquiridos os primeiros 50.000 metros para a instalación da planta de Pacadar en Monforte

Seguinte Nova

A Escola Oficial de Idiomas abriu as súas portas aos veciños da comarca

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

A %d blogueros les gusta esto: