Convenio entre Xunta e Consorcio dos Peares para melloras na praia fluvial

A conselleira de Medio Ambiente en funcións, Beatriz Mato, e o presidente do Consorcio Local dos Peares, José Luis Álvarez Blanco, na sinatura do convenio o día 7. GPXG
A conselleira de Medio Ambiente en funcións, Beatriz Mato, e o presidente do Consorcio Local dos Peares, José Luis Álvarez Blanco, na sinatura do convenio o día 7. GPXG
• O 7 de novembro, tivo lugar en Santiago a sinatura do convenio entre a Xunta e o Consorcio Local dos Peares, para a construción de vestiarios na praia fluvial. Na sinatura estiveron presentes a conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio en funcións, Beatriz Mato, e o alcalde de Pantón e presidente do Consorcio Local dos Peares, José Luis Álvarez.
CONSTRUCIÓN DE VESTIARIOS E ASEOS NA PRAIA FLUVIAL, E MELLORA DA CONTORNA
Este convenio, por valor de máis e 48.000 euros, permitirá a construción de vestiarios e aseos para a zona de baño do núcleo de Os Peares, aproveitando o semisoto do edificio propiedade do Consorcio Local nos arredores. En concreto, acondicionarase a parte interior e exterior desta planta, instalando unha cuberta na zona de acceso e mellorando a totalidade da fachada principal. Así mesmo, executarase a rede de saneamento, fontanería, electricidade e alumeado, ademais de instalar o mobiliario mínimo de vestiarios e aseos.
Por outra banda, reservarase unha parte da planta exenta para futuros usos. A actuación completarase con melloras na contorna para mellorar o servizo aos bañistas.
Este convenio intégrase no plan Hurbe, que a Xunta impulsa dende 2010 para responder á necesidade de humanización das vilas de Galicia.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A biblioteca do CEIP Monte Baliño súmase ao plan da Xunta de mellora das bibliotecas escolares

Seguinte Nova

Comezaron as obras para reparar os danos nos viñedos en Sober

Últimas noticias sobre DEPORTES

A %d blogueros les gusta esto: