O grupo A Adala representará a comedia familiar «Unha morta moi viva» o domingo 13 en Pantón

A partir das 18 horas, o domingo 13 de novembro, o grupo de teatro A Adala porá en escea a obra “Unha morta moi viva”, no Salón de Actos do Edificio Sociocultural de Ferreira. O argumento de “Unha morta moi viva” conta a historia dunha muller de avanzada idade que goza dunha boa posición económica. Ten dous sobriños, acostumados ao bo vivir. Ambos pensan en herdar antes de tempo, xa que precisan de recursos para manter o seu ritmo de vida. Por iso, trazan un plan, cada un polo seu lado, para que a vida da súa tía chegue ao seu fin antes de tempo. Finalmente, logran o seu cometido, pero non co resultado que esperaban, xa que aparece unha terceira herdeira que, axudada pola pantasma da tía morta, logrará vingarse de quen a matou.
A actividade, destinada a todos os públicos, está organizada polo Concello de Pantón coa colaboración da Deputación de Lugo, dentro do programa Buxiganga.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Chantada acolleu as Xornadas de Internacionalización Galicia-Colombia

Seguinte Nova

Ata o 30 de novembro para ver en Ferreira a mostra do Outono Fotográfico 2016

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: