Adquiridos os primeiros 50.000 metros para a instalación da planta de Pacadar en Monforte

Tomé di que Pacadar “xa é unha realidade”

Redacción -Monforte

José Ramón Gómez Besteiro e José Tomé xunto cos propietarios diante da notaría de Monforte. EC.

A Deputación asinaba nos pasados días a compra de 51.000 metros cadrados de terreo para a instalación da empresa Pacadar no polígono industrial do Reboredo en Monforte. O Presidente da institución, José Ramón Gómez Besteiro, e 12 propietarios asinaron as primeiras escrituras que converten ó organismo provincial no propietario dos primeiros terreos para a instalación da planta de prefabricados de formigón. Neste acto estivo presente o concelleiro José Tomé Roca, candidato á alcaldía da cidade do Cabe, e protagonista das “longas xestións” para acadar o emprazamento da pranta. As adquiridas deica o momento son 5 parcelas, as que lindan co polígono e que xa se atopan a plena disposición da Deputación logo de acordar un mesmo prezo de adquisición cos seus titulares. É máis da metade do espazo total (algo máis de 100.000 metros) que se precisa, e durante as vindeiras semanas continuaránse a formalizar o resto das escrituras ata acadar o 90% das parcelas necesarias co remate deste mes, segundo manifestou o titular provincial. O organismo provincial ten opcións de compra de máis de 20 terreos. Rematada a adquisición dos terreos, o seguinte paso será converter o solo rústico en urbano. A axilidade deste trámite dependerá da Xunta e o Concello de Monforte, administracións que deben aportar as licenzas correspondentes. A continuación, o organismo provincial mediante SUPLUSA redactará o proxecto para iniciar a súa execución o vindeiro ano. Os terreos serán vendidos pola Deputación a 12 euros por metro cadrado, un prezo que incorpora os custes de urbanización que correrán a cargo da Sociedade Urbanística.

Tanto o presidente provincial coma José Tomé coincidiron en sinalar que a adquisición dos terreos é un feito histórico, e que o da sinatura” foi un día grande para Monforte”, e puxeron un ano e medio de prazo como obxectivo para a instalación da empresa. Para Tomé Roca, Pacadar “é xa unha realidade”, coa adquisión dos terreos que despois de ser recalificados en boa parte, poderán xa albergar a construcción da que é a sétima pranta de Pacadar en España, que ocupará uns 36.000 metro cadrados.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Julia Rodríguez sitúa a aposta polo sector primario entre as súas promesas electorais

Seguinte Nova

Os socialistas de Monforte centran a súa campaña na creación de emprego

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

A %d blogueros les gusta esto: