Aumenta un 4% nun ano o número de empresas TIC en Galicia

Este dato está incluído na Enquisa ás Empresas TIC sobre a Sociedade da Información en Galicia, elaborada polo Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia (OSIMGA), adscrito á Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega). En canto a emprego, a enquisa detecta a creación de máis de 1.200 postos de traballo vinculados a estas novas empresas. O sector tecnolóxico galego emprega actualmente a 15.683 traballadores, o que supón un crecemento de case un 9% nun ano. Hai que apuntar que o 48,7% das empresas TIC sinala que é difícil ou moi difícil contratar persoal con formación específica en TIC.
O volume de negocio das empresas TIC superou os 2.453 millóns de euros en 2015, un 2,4% máis que no 2014. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A Banda Folk de Ribas de Sil ofreceu un concerto en Escairón a beneficio de Cáritas do Saviñao

Seguinte Nova

Exposición en Lugo sobre a herdanza das Irmandades da Fala

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

A %d blogueros les gusta esto: