A Banda Folk de Ribas de Sil ofreceu un concerto en Escairón a beneficio de Cáritas do Saviñao

O concerto solidario da Banda Folk de Ribas de Sil tivo lugar no Círculo Saviñao o pasado sábado 5 de novembro. (Foto cedida).
O concerto solidario da Banda Folk de Ribas de Sil tivo lugar no Círculo Saviñao o pasado sábado 5 de novembro. (Foto cedida).

•A Banda Folk de Ribas de Sil continúa coa súa actividade solidaria, propoñendo concertos de gran animación e calidade musical para apoiar aos diversos colectivos e iniciativas.
O último concerto solidario da Banda Folk de Ribas de Sil tivo lugar o pasado 5 de novembro en Ribas de Sil, cunha actuación no Círculo Saviñao de Escairón a beneficio de Cáritas do Saviñao. A banda xuvenil, integrada por dez mozos e mozas da Escola Municipal de Música de Ribas de Sil baixo a dirección de Roberto Castro, ofreceu un animado repertorio con base na música galega mesturada con diversos instrumentos tradicionais e modernos.
O resultado foi unha tarde máxica de música e solidaridade, grazas á que se conseguiu unha recadación significativa para que Cáritas Saviñao siga realizando a súa labor benéfica neste municipio.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Próximas actividades no Museo Pazo de Tor

Seguinte Nova

Aumenta un 4% nun ano o número de empresas TIC en Galicia

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: