Continúan as Merendas con Contos en Sober

•As Merendas con Contos seguen a desenvolver unha intensa axenda de actividades, pensadas para os máis cativos, e para realizar dentro e fóra da Biblioteca Municipal de Sober.
O venres 11 de novembro, os rapaces visitarán unha explotación gandeira na parroquia soberina de Mer, para coñecer de cerca o seu funcionamento.
Xa o venres 18, a actividade voltará ao espazo da Biblioteca, cunha actuación teatral de monicreques, a cargo da compañía A Xanela do Maxín.
Para rematar o mes, o venres 25 de novembro os rapaces das Merendas con Contos sumaranse á conmemoración do Día contra a Violencia de Xénero, participando nun obradoiro de igualdade, e lendo contos que fomenten a igualdade entre homes e mulleres.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Teatro en Sarria o día 13

Seguinte Nova

Obradoiro de Cestería en Pantón este mes

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: