Máis melloras no alumeado público das parroquias de Sober

• A mediados deste mes, o Goberno local de Sober iniciou a renovación das luminarias das parroquias de Pinol e Doade. Instaláronse leds de última xeración nos núcleos de As Gándaras, Chavián, O Campo, Vilariño,Outeiro, Cima de Vila, As Chousas, O Pacio e Pinol de Abaixo, na parroquia de Pinol, e todos os barrios do núcleo de Doade.
Os traballos inclúen a colocación dos leds, mellora do cableados e soportes, e instalación de novos cadros con reloxos astronómicos.
AFORRO ENERXÉTICO E MELLOR ILUMINACIÓN
O alcalde de Sober destacou a importancia destas medidas que favorecen o aforro enerxético, minimizan a contaminación lumínica, e melloran a luminosidade dos espazos públicos. Fernández Guitián destacou que o Goberno local ten xa renovado preto do 80% dos alumeados do municipio.Esta actuación conta cun orzamento de 75.000 euros, dos que 60.000 son aportados polo Inega.
Dende o Concello estiman que os traballos queden rematados a mediados de novembro.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Abre o ximnasio municipal de Sober e arranca a ximnasia para maiores

Seguinte Nova

Novas actuacións do Concello de Sober para mellorar os núcleos rurais

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

A %d blogueros les gusta esto: